Absolutismo, Ilustración e Crise do Antigo Réxime en España

Enviado por lidia y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 14,1 KB

Absolutismo Monárquico O poder concéntrase no monarca. Impúxose un modelo de absolutismo coma o que impuxera Luís XIV en Francia, onde o monarca era o estado (todo o territorio era seu e era el quen creaba e dominaba as institucións). Filipe V e Fernando VI unificaron os reinos peninsulares mediante os Decretos da Nova Planta (1707-1716). A Nova Planta aboliu as Cortes dos diferentes reinos e integrounos nas de Castela, converténdose nas Cortes de España. Tamén reorganizaron o territorio. Eliminaron os antigos vicerreinados e crearon demarcacións provinciais, gobernadas por capitáns xerais. Xorde un novo tipo de administrativo, os intendentes, que eran funcionarios con amplos poderes e tiñan como misión a recadación de impostos e a dinamización económica. Sociedade e economía Sociedade estamental Continúa a ser unha sociedade estamental que se divide en privilexiados e non privilexiados. Os non privilexiados son os campesiños e os burgueses e os privilexiados a nobreza e o clero. Só os privilexiados podían desempeñar cargos públicos. O poder da nobreza e o clero (o 7% da poboación aproximadamente) impedira o desenvolvemento da burguesía comercial, pero a mellora da actividade económica permitiu o seu crecemento ó longo do s.XVIII. Economía agraria O 80% da poboación dedicábase á agricultura e as terras estaban amortizadas (non se podían nin comprar nin vender). A maior parte dos campesiños eran arrendatarios ou xornaleiros e a súa condición variaba segundo a terra e o contrato. En Galicia e Asturias os foros eran fixos durante 3 xeracións, pero a falta de terras orixinou división de foros e créanse os minifundios. En Castela, Estremadura e Andalucía pasaba o caso contrario, os latifundios, enormes extensións de terra que pertencía á mesma persoa. Debilidade da industria A industria tradicional continuaba organizada de forma gremial cun estrito control sobre a produción e a creación de novas industrias. O mercado interior era escaso e limitado ós intercambios de tipo local ou comarcal. Existían graves problemas no transporte e as zonas do interior estaban illadas. O problema máis grande era que a economía agraria era de autoconsumo e case non había excedentes. Reformismo Borbónico Ideas ilustradas Criticaron os principios da sociedade estamental, afirmando a igualdade e o dereito á liberdade. Tamén critican a ríxida organización económica e a falta de liberdade para a compra-venda. Opóñense ó dominio da igrexa e ós seus privilexios (sen negar a existencia de Deus.). Despotismo ilustrado: Carlos III Este monarca xa entrara en contacto coas ideas ilustradas cando gobernara en Nápoles (1734-1759). No comezo do seu reinado tivo que enfrontarse á grande oposición por parte dos privilexiados polas reformas que pretendía implementar. Por isto e outros factores (como o alto prezo dos alimentos) produciuse unha revolta (O motín de Esquilache). Todo confluíu nunha revolta popular en Madrid contra as reformas propostas por Carlos III, que destitúe a Esquilache. Carlos III contratou a unha serie de ministros e colaboradores para levar a cabo os seus cambios. Cambios e mantementos reformouse o poder que tiña a Igrexa. Os ilustrados eran defensores do rei fronte á igrexa. Carlos III reclamou o control da Inquisición e o nomeamento dos cargos eclesiásticos, e combateu o intento da Igrexa por acaparar o poder. Expulsión dos xesuítas (1766). Refórmanse os estudos e decláranse honestas todas as profesións. Secúndanse as escolas de artes e oficios. Impúxose a educación primaria. Limitación dos privilexios da Mesta. Fomento da libre circulación de mercadorías no interior de España e liberalización progresiva do comercio colonial. Apoio á actividade industrial. Moderación na política impositiva. Creación das Sociedades económicas de Amigos do País.

A construción do estado liberal

Primeira guerra carlista

Adversarios: carlistas e isabelinos. Carlistas: Defendían o A.R. e a monarquía absolutista. Apoios sociais: nobreza rural, clero e campesiñado. Isabelinos: Propoñían a abolición do A.R. e a implantación dun Estado liberal. Apoios sociais: alta nobreza, funcionarios, clases populares e burguesía.

Etapas

Primeira etapa (1833-1835) Caracterízase pola expansión e polas vitorias carlistas. O xeneral Zulamacárregui, ó mando das tropas norteñas, conquistou un amplo territorio, pero fracasou na toma de Bilbao, onde morreu.

Segunda etapa (1835-1840) Debilitamento dos carlistas a partir da vitoria do xeneral Espartero, que pertencía ó bando liberal. O xeneral Maroto acordou a sinatura do convenio de Vergara con Espartero, que establecía o mantemento dos foros nas provincias vascas e en Navarra.

Construción do Estado liberal

Revolución liberal Iniciouse en 1836 coa chegada dos progresistas ó poder. Consistiu na abolición do A.R. e na substitución do absolutismo por un sistema político liberal. Mendizabal iniciou unha reforma do estatuto real e tomou medidas co fin de organizar e armar un exército contra o carlismo. Ademais estalaron revoltas a favor da constitución de 1812 e queimaron conventos.

Reformas principais

Constitución de 1837

  • Lei electoral (sufraxio censatario)
  • Proclama algúns dos principios básicos do progresismo.
  • Recollía elementos moderados.
  • Lei da imprenta (pérdese a censura).

Reforma agraria principal

  • Abolición do réxime señorial
  • Desvinculación (supresión de morgados, fideicomisos...)
  • Desamortización das terras.

Medidas liberalizadoras da industria e o comercio

________________________________________________________________________

-Tratado de Utrecht e Rastadt (1713-1714): Con eles asinouse a paz entre Carlos II e Filipe V.

-Decretos da Nova Planta (1707-1716): Aboliu as Cortes dos reinos e integrounas no de Castela pasando a formar Cortes de España.

-Tratado de Fontainebleau (1807): Autoriza ós exércitos de Napoleón a entrar en España para atacar Portugal.

-Motín de Aranjuez (18 marzo 1808): Perseguía a destitución de Godoy.

-Tratado de Valençay: Napoleón pactou a fin do conflito cos españois e permite a volta de Fernando VII.

-Constitución de 1812 (19 marzo): Contén unha declaración dos dereitos dos cidadáns. “A Pepa”.

-Real Decreto 14-maio-1814: Anulou a Constitución e as leis de Cádiz e volvese ó absolutismo.

-Lei sálica: Impedíalles ás mulleres acceder ó trono.

-Convenio de Vergara (1839): Fírmase a paz entre os transaccionistas (Maroto) e os liberais (Espartero).

-Constitución 1837: Os progresistas convocan unhas Cortes para adaptar a Constitución de 1812 ós novos tempos.

-Lei Electoral (1837): Sufraxio censatario extremadamente restrinxido pero amplíase o censo electoral.

-Constitución de 1845: Reforma a C.1837 recollendo ideas do moderantismo.

-Pactos de familia: Serie de pactos que asinan con Francia Filipe V e logo Carlos III na procura de aliados.

-Filipe de Anjou: Nomeado rei como Filipe V triunfando na guerra de sucesión trala morte de Carlos II que non tiña descendencia directa.

-Montesquieu: Ilustrado defensor da separación de poderes (lexislativo, executivo e xudicial).

-Rousseau: Ilustrado que formulou o principio da Soberanía popular.

-Manuel Godoy: Mozo militar ó que Carlos IV lle deu o poder, presentou reformas para conseguir recursos para o país, pero a nobreza desconfiaba del.

-Xosé Bonaparte (Xosé I): Nomeado rei de España polo seu irmán Napoleón.

-Afrancesados: minoría da poboación que colaboran con Xosé I.

-Fronte Patriótica: Opuxéronse á invasión Francesa.

-Rafael del Riego: Coronel que se sublevou e percorreu Andalucía proclamando a Constitución de 1812.

Crise do antigo réxime

Crise da monarquía

Execución do monarca francés Luís XVI impulsou a Carlos IV a declararlle a guerra a Francia. A derrota das tropas españolas fixo que España quedara subordinada ós franceses. Carlos IV confíalle o poder a Godoy. As alianzas con Francia derivaron en conflito con Gran Bretaña. Destaca a batalla de Trafalgar (1805). Godoy asinou un tratado con Napoleón (Tratado de Fontainebleau), que autorizaba ós exércitos napoleónicos a cruzar España para atacar Portugal. Motín de Aranjuez Perseguía a destitución de Godoy e a abdicación de Carlos IV no seu fillo Fernando VII. Napoleón nomeou ó seu irmán Xosé coma rei de España. Xosé Bonaparte pretendía liquidar o Antigo Réxime.

Guerra da independencia

Causas: Abdicacións de Baiona. Xosé Bonaparte->rei; Levantamento popular do 2 de maio de 1808 (pola crenza do secuestro de Carlos VII). Baleiro de poder, incapacidade das autoridades para facer fronte á invasión. Formación de xuntas. A maior delas era a Xunta Suprema Central. A resistencia popular foi importante en cidades como Xirona, Zaragoza ou Tarragona, que estaban sitiadas. A súa forma de actuar era mediante guerrillas. Impediron o avance das tropas cara o Levante.

Posición ideolóxica

Afrancesados: Son unha minoría de españois, nos que se atopan intelectuais, altos funcionarios e parte da nobreza.

Fronte patriótica: Estaba formada polo groso da poboación española, o clero e a nobreza. Quería a volta ó absolutismo. Dentro da fronte patriótica podemos distinguir entre Absolutistas, liberais e ilustrados.

Evolución do conflito Malia os éxitos iniciais das tropas españolas pronto sucumbirán ante o poder napoleónico. As guerrillas españolas desgastan o exército francés. Despois das ofensivas angloespañolas Napoleón retírase da península.

Cortes de Cádiz A Xunta Xeral Suprema convoca as Cortes, que se reúnen en 1810 en Cádiz. O 19 de marzo de 1812 promúlgase a constitución de carácter liberal e que pretendía a abolición do Antigo Réxime. É coñecida como “A Pepa”.

Liberalismo e absolutismo

Restauración do absolutismo (1814-1820) Coa volta de Fernando VII derrógase a constitución creada en Cádiz para volver ó Antigo Réxime (perséguese ós liberais). A situación económica era paupérrima e España estaba sumida nunha enorme crise. Prodúcense pronunciamentos liberais militares, que fixeron evidente o descontento á creba da monarquía absoluta. Estes responderon con represión. Pérdense as colonias americanas.

Trienio liberal (1820-1823) Promulgación de Del Riego. A pasividade do exército, acción dos liberais e a neutralidade dos campesiños obrigaron a Fernando VII a aceptar a constitución (A Pepa). Gañan os liberais por maioría, que iniciaron unha obra lexislativa. Impulsaron a liberalización da industria e o comercio, e iniciaron a modernización política e administrativa. Os enfrontamentos co rei, a Igrexa e os nobres foron cuantiosas, e as novas medidas liberais do trienio liberal provocaron o descontento no campesiñado. Os liberais divídense en moderados e exaltados.

Década ominosa (1823-1833) Actuación da Santa Alianza e os 100k fillos de San Luís repuxeron a Fernando VII como monarca absoluto. Feroz represión contra os liberais. A outra gran preocupación da monarquía foi o problema económico, agravado pola perda definitiva das colonias americanas. Depuración do exército. O rei buscou colaboración do sector moderado.

Conflito dinástico O nacemento da filla do rei (Isabel) parecía garantir a continuidade borbónica, pero este feito deu lugar a un grave conflito na sucesión ó trono. A lei sálica impedíalles ás mulleres o acceso ó trono, pero Fernando derrogou a lei mediante a pragmática sanción. Haberá dúas posturas: isabelinos e carlistas. Os carlistas negábanse a aceptar a nova situación, e presionaron ó rei (gravemente enfermo) para que repuxese a lei sálica. Os isabelinos están en contra disto.

Final do antigo Réxime: Morre Fernando VII. O goberno procura axiña depurar o exército de absolutistas radicais.

Entradas relacionadas: