Análise de "Cantares Gallegos" e "Follas Novas"
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,48 KB
Cantares Gallegos
Publicación e Contexto
Publicada o 17 de maio de 1863 por Rosalía de Castro, Cantares Gallegos marca o inicio do Rexurdimento. Rosalía glosa cantares, refráns e ditos populares, intentando reproducir o espírito do pobo. A obra vai máis alá da simple revalorización romántica da cultura popular. Rosalía, marxinada por ser galega, muller e escritora, revela o seu compromiso con Galicia. Cantares Gallegos é clave para o reencontro coa identidade e a demostración do galego como lingua literaria. A autora canta a fermosura da terra, a dignidade do seu pobo e as inxustizas sufridas por Galicia, dándolle un carácter político.
Estrutura
Presenta unha estrutura circular, enmarcándose entre o primeiro e o último poema. Postos na boca dunha mociña gaiteira, á que a autora lle pide que cante en galego. Nos seguintes poemas, falan diversas persoas populares galegas, dándolle á obra un carácter inconfundiblemente galego. O libro remata cunha moza que se escusa polo seu mal cantar.
Temática
- Costumista: Vida cotiá, relatos míticos e vivencias dos personaxes populares.
- Amorosa: Queixas de namorados, mágoas e resentimentos.
- Social: Emigración, miseria, marxinación e temas de actualidade.
- Intimista: Visión pesimista do amor, a dor e a saúde.
Recursos Estilísticos e Métricos
Estilo sinxelo e eficaz, con recursos populares, moitas comparacións e poucas metáforas. Abundan os paralelismos, as anáforas, as repeticións e as antíteses.
Follas Novas
Publicación e Contexto
Publicada en 1880, Follas Novas ofrece un mundo poético diferente a Cantares Gallegos, introducíndose nun romanticismo filosófico e pesimista sobre a raza humana.
Estrutura
Intensa subxectividade expresiva, onde predominan o desconsolo e a soidade radical do ser humano. Concreción social ao final e, para rematar, unha combinación de ambos tipos.
Temática
- Intimista: Sentimentos de soidade e desamparo.
- Outros: Amor, odio, resentimento, vergoña, morte, saúde, visión social, emigración e inxustizas sociais.
Métrica e Recursos
Variedade e complexidade métrica, alternancia de versos longos e quebrados. Estilo sinxelo con poucos recursos expresivos, manexo habilidoso do símbolo.