Análise de Dúas Obras Mestras do Clasicismo
Clasificado en Música
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,73 KB
Sonata Facile, KV 545, 1º Movemento, Mozart
A presente audición, chamada Sonata Facile, foi escrita por W. A. Mozart. Esta peza, descrita polo propio compositor como "para principiantes", foi composta no ano 1788, pero non se publicou ata o ano 1805, catorce anos despois da morte do seu autor.
Wolfgang Amadeus Mozart
Wolfgang Amadeus Mozart, nado en Salzburgo e falecido en Viena, foi un compositor e pianista austríaco, un mestre do Clasicismo. As súas obras abranguen todos os xéneros musicais da súa época e alcanzan máis de 600 creacións. A maioría son recoñecidas como obras mestras da música sinfónica, concertante, de cámara, para piano, operística e coral. Na súa infancia, Mozart mostrou unha capacidade prodixiosa co violín e co teclado. Con tan só cinco anos xa compoñía obras musicais. Nos seus anos finais compuxo moitas das súas sinfonías, concertos e óperas máis coñecidas.
Contexto Histórico do Clasicismo
Sonata Facile encóntrase dentro do período histórico do Clasicismo, que abrangue os séculos XVIII e XIX (1750-1810). Nesta época expresáronse todos os dominios da arte, dende a arquitectura e a música ata a pintura e a literatura. A música do Clasicismo evoluciona cara a un extremo equilibrio entre a harmonía e a melodía. Destacan compositores como Mozart, Haydn e Beethoven.
Análise da Obra
O xénero desta peza é profano, puro e ten un carácter instrumental. A súa textura é polifónica, xa que son simultaneamente múltiples voces que son independentes ou imitativas entre si.
O seu timbre é binario, o tempo é allegro. En canto á súa forma, é sonata. O primeiro movemento desta, en Do maior, comeza cun tema triádico ascendente sobre o acorde de tónica e o segundo comeza cun material introdutorio dun compás de duración, emprega un segundo motivo triádico descendente e prosegue cunha frase constituída sobre arpexios cun terceiro motivo triádico. Por último, dicir que non ten texto.
Cuarteto Opus 76, Nº 4 en Sib Maior, Haydn
A presente audición, chamada Cuarteto Opus 76 ou tamén Cuarteto da Aurora, está escrita por J. Haydn. Esta peza é o número 63 da súa produción cuartetística, xa que levaba tempo compoñendo música de practicamente todos os xéneros. Haydn estivo familiarizado coa forma do minueto, xa que esta forma era popular na aristocracia europea.
Joseph Haydn
Joseph Haydn, nado en Rohrau, preto de Viena, Austria, e falecido en Viena, foi un compositor austríaco. É un importante compositor clasicista, é coñecido como "O pai da sinfonía" e "O pai do cuarteto de corda" grazas ás súas grandes achegas a ambos os xéneros. Contribuíu ao desenvolvemento do trío con piano e á evolución da forma sonata. Foi amigo de Mozart e profesor de Beethoven. Na súa infancia tocou o clavecín e o violín. Illado doutros compositores e tendencias musicais ata o último tramo da súa vida estivo, segundo dixo, "forzado a ser orixinal". Franz Joseph Haydn creou oratorios, sinfonías, concertos e demais obras.
Contexto Histórico
Cuarteto Opus 76 encóntrase dentro do período histórico do Clasicismo, que abrangue os séculos XVIII e XIX (1750-1810). Nesta época expresáronse todos os dominios da arte, dende a arquitectura e a música ata a pintura e a literatura.
A música do Clasicismo evoluciona cara a un extremo equilibrio entre a harmonía e a melodía. Destacan compositores como Mozart, Haydn e Beethoven.