Análise poética de García Cabrera: Transparencias Fugadas

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,58 KB

Naceu en Vallehermoso (La Gomera) en 1905 e finou en Sta. Cruz de Tenerife en 1981. Tamén determinadas circunstancias históricas definiron dous grandes momentos na súa lírica: na primeira metade do século atopamos reminiscencias modernistas, un achegamento ás vangardas.

Na primeira época comeza a súa vinculación coas revistas literarias: Hespérides, Gaceta de Tenerife, Gaceta de Arte… En 1928 atopamos o seu primeiro poemario, Líquenes, e en 1934 aparece Transparencias fugadas. O resumo do poema e o tema fundamental atópanse no apartado anterior. Ademais hai que engadir que se divide en 3 partes:

  • VV.1-5: mostran o anhelo do poeta de que exista un espazo no que haxa liberdade.
  • VV. 6-13: expresa a necesidade de compartir esa liberdade con “aqueles”, ao mesmo tempo que explica a quen se refire: todos os que sufrían con el a ditadura de Franco.
  • VV. 14-18: volve a anhelar unha illa, un entorno, un futuro máis xusto e solidario para compartir con os demais. Por esa razón atopámonos cun poema circular (véxase a similitude entre os versos 1 e 2 e os versos 17 e 18).

En canto á métrica, o poema compóñese de versos heptasílabos e endecasílabos, ordenados ao gusto do poeta, polo que se asemella a unha silva. Sen embargo, presenta varias diferenzas: unha rima asonante cada catro versos (1,5,9,13 e 17), que posúen unha relación de significado: o 1,5 e 17 fan referencia á illa, e os restantes ao dor de García Cabrera por sentirse illado.

En canto ás figuras literarias, destacan algunhas metáforas puras (silencio amordazado, se tragan o tempo), coas que o poeta identifica realidades que gardan relación (a opresión ou o paso do tempo). Observamos tamén unha paradoxa (…do combate en que morro e en que vivo…), tamén un paralelismo sintáctico entre os versos 8,10 e 12: aquelos que…aqueles que…os que…+ verbo. Ao mesmo tempo, trata de enumeracións mediante asíndeton nas que explica quen son “aqueles”. En canto a adxectivos, destaca a súa escaseza, pois só atopamos dous especificativos (silencio amordazado e carne viva), xa que ao poeta lle interesa máis deixar claros os conceptos que resaltalos. Nótese que, no primeiro exemplo refírese a un silencio “impuesto” e, no segundo, á dor física. O tempo verbal máis destacable é o presente de subjuntivo (sea, dé, pisen) que, xunto cun futuro de indicativo (haberá), mostran o anhelo de liberdade de García Cabrera. Por outra parte, abunda a primeira persoa do singular (morro, vivo, estou), o que denota subxectividade, a cal tamén se logra co uso de pronomes persoais e adxectivos posesivos (me, mis…), combinada coa terceira persoa (haberá, enterran, pisen, cesan), cando se refiran á illa e aos que sofren con el a falta de liberdade.

O poeta emprega un lenguaxe chán, sobrio e conversacional, trazo propio da literatura social. No vocabulario podemos diferenciar tres campos semánticos: o da xeografía (orillas, illas, mar), as partes do corpo (man, corazón) e os sentimentos (esperanza, alegría). Tamén podemos atopar algúns antónimos textuais (tragar e liberar, morrer e vivir, silencio e palabra).

Entradas relacionadas: