A arquitectura barroca e o urbanismo: unha integración de espazos
Clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,41 KB
Arquitectura barroca
A arquitectura barroca supón unha forte ruptura co clasicismo do Renacemento e configúrase como o marco espléndido no que se integran escultura e pintura, nesa procura de arte total que persegue o Barroco.
Arquitectura renacentista
Espazo finito, pechado e estático.
Arquitectura barroca
Espazo infinito, aberto e dinámico, de gran complexidade.
¿Como se consegue ese espazo dinámico en arquitectura?
Usando formas curvas e cóncavo convexas
Se curvan entablamentos, os frontóns pártense, os muros se ondulan ou se eliminan, de forma real ou ilusoria.
Esaxeradas dimensións
Fin da proporcionalidade clásica: columnas de “orde colosal”, grandes pilastras (uso de atlantes, cariátides e ménsulas), enormes bóvedas (de canón, aresta e lunetos) e cúpulas semiesféricas, ovais, estreladas...
Uso de elementos tipicamente barrocos
Columnas salomónicas, de fuste helicoidal, ou estípites, pilastra en forma de pirámide truncada investida (ás veces antropomorfa) ou Arcos de formas variadas: de medio punto, elípticos, ovais, de dobre curva e mixtilíneos.
A través de xogos de luz e cor
Mediante a técnica do contraste visual (cálidos contra fríos; zonas iluminadas contra zonas escuras).
Plantas máis dinámicas
Semicirculares, ovais, elípticas, que incrementan os puntos de vista.
Tipos de edificios: Templo, palacio e vila seguen sendo as principais tipoloxías arquitectónicas como corresponde a unha sociedade dirixida pola nobreza, a alta xerarquía eclesiástica e a alta burguesía. Todos teñen un claro sentido simbólico propagandístico.
O urbanismo barroco
O Barroco caracterízase polo seu afán integrador de espazos nun todo unitario. De aí a importancia que cobra o urbanismo: o edificio faise fachada e deséñase en orde a acentuar ou conseguir a beleza da rúa ou da praza, na que a fonte e o xardín xogan un primordial papel.
Xorde o concepto de cidade‐capital, consecuencia do nacemento do Estado moderno, e a planificación urbanística, é dicir, o deseño e distribución dos espacios (rúas, prazas, xardíns) de acordo con principios efectistas e concepcións de conxunto. A ordenación urbana no Barroco responde á vontade da Igrexa ou do monarca, reflexando os seus ideais e o seu poder.
As planificacións urbanas do Barroco teñen principalmente dous puntos de orixe: a praza ou o palacio. A cidade de Roma constitúe un magnífico exemplo do urbanismo barroco articulado ao redor de prazas. Nesta cidade leva a cabo durante o pontificado de Sixto V (1585 90) unha auténtica reordenación urbana, tarefa encomendada ao arquitecto Domenico Fontana. Trazáronse grandes vías desde a periferia ao centro, cada unha das cales desembocaba nunha grandiosa praza monumental cun edificio ou grupo de edificios emblemáticos. Estas prazas convertíanse en puntos de articulación urbana, do mesmo xeito que os obeliscos e columnas, e a partir delas organizábanse os barrios. Outras planificacións fan do palacio o punto focal do trazado urbano, o lugar onde converxen as vías principais da cidade, concentrando todo o simbolismo da monarquía absoluta. Versalles é o mellor exemplo desta formulación, onde leva a cabo unha magnífica fusión entre o palacio, a cidade e os xardíns