Artistas Galegos no Exilio: Villanueva, Blanco Amor, Cunqueiro e Lourenzo
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,52 KB
Artistas Galegos no Exilio
Maruxa Villanueva
Maruxa Villanueva, cantante coñecida en Bos Aires e pola comunidade galega, regresa a Galicia en 1949. Alí realiza un gran labor de promoción do teatro e da obra de Rosalía de Castro, ata que se encontra coa censura. A cabalo entre Arxentina e Galicia, continuou o seu labor e foi unha das figuras clave para recuperar e converter en museo a Casa da Matanza en Padrón, converténdose nunha especialista neste tema ao que adicou a etapa final da súa vida.
Eduardo Blanco Amor
En Bos Aires dirixiu o Teatro Popular Galego e escribiu varias pezas que se coñeceron en Galicia, recompiladas en dous volumes: Farsas para títeres e Teatro prá xente. As farsas, non realistas, son moi imaxinativas, cheas de elementos fantásticos e satíricos que lembran o esperpento, pero superando o simple papel de personaxes-tipo e dotándoas dunha certa profundidade psicolóxica. Están pensadas para un público culto. O Teatro prá xente son obras de realismo costumista, pensadas para "a xente do noso pobo", público pouco afeito a ler ou ver teatro.
O incerto señor Don Hamlet de Álvaro Cunqueiro
Nesta obra, Cunqueiro ofrece unha nova lectura do personaxe shakespeariano. Nun mundo opresivo con personaxes degradados, aos que o autor vai dando voz para que mostren o seu lado máis humano, modifica o mito convertendo a Hamlet en fillo natural de Halmar, deixándoo sen xustificación para a súa vinganza. Mestura o mito hamletiano co de Édipo, condenado a matar o seu pai.
Manuel Lourenzo
Manuel Lourenzo, actor, director e autor teatral, é unha das figuras máis importantes e prolíficas dos últimos 40 anos do noso teatro. Dentro da súa extensísima obra podemos sinalar tres ciclos:
- Ciclo mítico
- Ciclo histórico
- Ciclo experimental
A Narrativa no Exilio
A narrativa escrita no exilio e publicada na democracia. Son obras realistas e cargadas de elementos autobiográficos que tratan o tema da Guerra Civil e dos anos inmediatamente posteriores. O mundo dos fuxidos, da guerrilla antifranquista e da represión son debuxados en textos directos que case sempre empregan un narrador en primeira persoa. Obras notables desta época inclúen:
- Non agardei por ninguén, Ramón de Valenzuela
- Bos Aires, Ramón de Valenzuela
- Era tempo de apandar, Ramón de Valenzuela
- O silencio redimido, Silvio Santiago