Atraso e Desenvolvemento Económico en España

Clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,53 KB

Características do Proceso Industrial Español

O proceso industrial español no século XIX presenta as seguintes características:

  • Predominio das actividades relacionadas co sector primario.
  • Protección arancelaria para defender os produtos propios da competencia internacional.
  • Dependencia do exterior.
  • Forte desequilibrio territorial e rexional, con zonas atrasadas e focos desenvolvidos.

Principios do Capitalismo

Segundo o capitalismo, o Estado non debía intervir nas actividades económicas. A liberdade económica debía ser absoluta e basearse no libre xogo da oferta e da demanda. A man de obra considerábase unha mercadoría máis.

O capital considerábase o factor clave da produción. O seu propietario debía empregalo para obter beneficios continuos mediante o seu constante reinvestimento.

Bases Xurídicas da Economía da España Liberal

A lexislación económica do Antigo Réxime foi modificada para facilitar a liberdade económica e o desenvolvemento capitalista.

No caso do mercado exterior, as opinións oscilaban entre a defensa do librecambismo e do proteccionismo. A lexislación arancelaria foi proteccionista. Esta protección arancelaria atrasou o crecemento, a industrialización e a modernización.

Dificultades e Limitacións do Desenvolvemento

O desenvolvemento económico da España liberal estivo marcado por numerosas dificultades:

  • Obstáculos físicos e naturais que dificultan a explotación dos recursos existentes.
  • Escasas transformacións nos sistemas agrarios, co mantemento dunha agricultura tradicional que empregaba grandes cantidades de man de obra con sistemas de cultivo de baixa produtividade.
  • Reducida capacidade de consumo do mercado interior: os baixos ingresos dos campesiños e dos obreiros limitaban a súa capacidade de compra.
  • Falta de competitividade dos produtos españois.
  • Despreocupación polas innovacións tecnolóxicas e educativas.
  • Escaseza de capitais e preferencia por investimentos inmobiliarios ou especuladores: os capitalistas españois realizaron escasos investimentos produtivos, de modo que os capitais estranxeiros dominaron as principais actividades produtoras e rendibles do país.
  • Mentalidade tradicional dos empresarios e políticos: os primeiros procurando asegurar os seus beneficios mediante a sobreexplotación dos traballadores e os segundos garantíndolles o seu apoio legal.
  • Escaso espírito de empresa.

Entradas relacionadas: