Autores e Xeracións da Literatura Galega
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,97 KB
Os autores senlleiros: Anxel Fole: Á lus do candil, Terra brava. Álvaro Cunqueiro: Merlin e familia, As crónicas do Sochantre. Eduardo Blanco Amor: A esmorga (1959), Xente ao lonxe (1962). Neira Vilas: Memorias dun neno labrego, Xente no rodicio. A Nova Narrativa Galega: Gonzalo Rodríguez Mourullo: Nasce unha árbore (1954), Memorias de Tains (1956). Camilo González Suárez-Llanos: Lonxe de nós e dentro, Como calquera outro día. Méndez Ferrin: Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas. María Xosé Queizán: A orella no buraco. Xoana Torres: Adios, María. Xohán Casal: O camiño de abaixo. Carlos Casares: Vento ferido, Cambio en tres. Xeración dos 80: Rompente: Sillabario da turbina e A dama que fala. Alberto Avendaño, Manuel Romón, Antón Reixa e Pexegueiro. Cravo Fondo: Xesús Rábade Paredes, Fiz Vergara Vilariño, Xavier Rodríguez Barrio, os irmáns Xulio e Xesús Valcárcel, Helena Villar e Ramiro Fonte. Alén: Miguel Anxo Mato Fondo, Xosé Ramón Pena e Francisco Salinas Portugal. Revista Loia: Manuel Rivas, Vicente Araguas, X. M. Pereiro e Lois Pereiro. Xeración dos 50: Álvaro Cunqueiro: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca e A noite vai coma un río, mesturando o mito de Hamlet co de Edipo e, ademais, fai que o príncipe acabe suicidándose. Ricardo Carballo Calero: Produción de carácter experimental, pezas próximas ao teatro do absurdo, onde domina o simbolismo: Auto do prisioneiro ou A farsa das zocas. Xenaro Mariñas del Valle: O iniciador do teatro social co volume A revolta e outras farsas (1966). O grupo de Ribadavia: Lugar onde, dende o ano 73 ata o 80, se celebran as "Mostras de Teatro de Ribadavia", establecendo pontes coas vangardas europeas, e constante referencia á situación de opresión política, lingüística e cultural que se vive en Galicia. Manuel Lourenzo: Ciclo mítico: textos creados a partir da actualización de personaxes e conflitos da dramaturxia grega (Electra, Romaría ás covas do demo). Ciclo histórico: pezas nas que recupera figuras históricas para ofrecer unha visión anovada dos seus conflitos. Ciclo da dramática urxente: algúns son pezas que o autor escribe para o traballo diario cos actores/actrices. Estes textos poden ser de tipo experimental ou críticos. Uloxio Ruibal: Estructura textual moi coidada e pola experimentación. En canto á temática, pódese dicir que o eixo central é o ser humano nas súas interaccións. As súas primeiras obras mostran un carácter máis cinematográfico, mentres que nas últimas son máis irónicas. Zardigot, O cabodano.
Roberto Vidal Bolaño: En 2013, dedícaselle o Día das Letras Galegas. Dende sempre ligado ao mundo do espectáculo de maneira amadora, pero por cuestións circunstanciais, decidiu dedicarse profesionalmente ao mundo do teatro. Foi un dos creadores de dous grupos básicos na historia da dramaturxia galega: Antroido e Teatro do Aquí, nos que foi autor, director e actor. Teatro alegórico-simbólico, tradición popular galega. Etapa de transición que se produce nos anos 80: a mesma liña, pero xa introduce temáticas diversas que inauguran unha nova liña. Etapa de madurez, a partir de 1984, e máis realistas na procura de temáticas históricas e de reflexión sobre a condición humana, ao tempo que se introducen técnicas que teñen que ver co mundo do audiovisual: - Compromiso co país e coa lingua galega. - Experimentación estética (teatro dentro do teatro, bonecos, recursos do audiovisual…). - Diálogo coa tradición, tanto culta como popular. - Capacidade para conectar co público e co lector debido á capacidade para manter o suspense ata o final. - Capacidade para reproducir o rexistro lingüístico das camadas populares. - Visión pesimista da sociedade, pero presentada con ironía e retranca.