Competencia, Características, Delegación e Imparcialidad na Administración Pública
Clasificado en Electrónica
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,16 KB
Competencia:
hace referencia ao órgano en concreto da admin que ten a potestade de resolver o procedemento. A LRJPAC regula a competencia e as súas alteracións nos seus arts. 12 a 20.
Características:
é irrenunciable, o seu exercicio corresponde aos órganos admin que a teñan atribuída, a atribución competencial ten que ser efecto dunha declaración normativa, dun título normativo habilitante da actuación dunha administración pública e, dentro dela, dun órgano. Dita atribución normativa pode ser específica, xerérica ou residual, en favor dunha administración ou dun órgano dela. O exercicio das competencias pode ser desconcentradas en órganos jerárquicamente dependentes. O vicio de incompetencia é de nulidade se é manifiesta a súa falta e por razón do territorio ou da materia. É de anulabilidade se é por vicio de jerarquía. A competencia non se presume. A competencia é cuestión de orde público, é dicir, non fai falla que sexa alegada polos particulares, nin nun recurso admin nin nun contencioso admin. A admin de oficio ao entrar a avaliar se é competente para resolver o procedemento. A competencia do órgano require, ademais da súa atribución a este nos termos expostos, o nomeamento e a toma de posesión do titular do mesmo.
Delegación (art. 13 LRJPAC):
é a figura de alteración competencial, pola cal un órgano admin vai delegar a competencia da que é titular, noutro órgano admin que ten que ser da mesma admin ou das entidades de dereito público. Os actos que se ditan por delegación teñen que indicar expresamente esta circunstancia no acordo e consideraranse ditados polo órgano que ditar a competencia. Non poderán delegarse as competencias do art 13.2. A delegación será revocable en calquera momento polo órgano que a teña conferido.
Avocación (Art. 14 LRJPAC):
a avocación a realiza o superior jerárquico, contra o inferior. Os órganos superiores poderán avocar para si o coñecemento dun asunto cuxa resolución corresponda ordinariamente ou por delegación aos seus órganos administrativos dependentes, cando circunstancias de índole técnica, económica, social, xurídica ou territorial o fagan conveniente. A avocación realizarase mediante acordo motivado que deberá ser notificado aos interesados no procedemento, se os houbere, con anterioridade á resolución final que se dite. Contra o acordo de avocación non caberá recurso. non supoñen alteración da titularidade da competencia: Encomenda de xestión art. 15, Delegación de firma art. 16, Suplencia art. 17.
Imparcialidade:
la abstención: art28. obriga ao titular do órgano competente e ao persoal ao servizo das AAPP a separarse do expediente polas causas previstas na Lei. a non abstención nos supostos en que proceda non implica necesariamente a invalidez dos actos administrativos nos que o órgano que debía abstenerse participou; ainda que pode dar lugar a responsabilidade por parte do funcionario.
La recusación( art.29) é un procedemento moi abreviado no que os interesados poden argumentar ante o superior do órgano titular, que este se atopa incurso en algunha das causas de abstención..