Crítica de Nietzsche ao coñecemento e á moral tradicional
Clasificado en Francés
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,07 KB
PROBLEMA DO CONECIMENTO NIETZSCHE: A degeneración da cultura triunfou na zona occidental. Nietzsche critica a filosofía, a relixión e a moral. Critica o coñecemento afirmando a existencia de dúas formas de ser e os rasgos accidentais que dan lugar ás diferenzas. Para Nietzsche no mundo non existen esencias nin obxectos entendidos como realidades substanciais e permanentes. A metáfora e o arte son as formas máis adecuadas de representar a realidade. Nietzsche rexeita a obxectividade da lóxica e fronte á consideración de que as leis da razón tamén son do mundo, afirma o carácter irracional do mundo. A creencia nas realidades absolutas é absurda. O coñecemento é relativo e subxectivo, dependendo do punto de vista de cada un. Nietzsche defenderá o perspectivismo. Critica tamén as concepcións básicas da ciencia afirmando que as leis son invencións humanas. Sobre a metafísica, Nietzsche afirma que a filosofía ten unha idea inadecuada do mundo. Inventa un Mundo Racional e con iso inventa os seus conceptos básicos. A consecuencia disto é a valoración positiva do mundo do espírito e a negativa da corporeidade. Tratan de atopar a calma e o descanso ausentes no único mundo existente. Tamén, a linguaxe, dá unha visión errónea da realidade debido á estrutura suxeito-predicado ou ao uso das mesmas palabras para designar distintas cousas. Nietzsche tamén critica a moral tradicional. O dogmatismo moral consistía en crer na obxectividade e na universalidade dos valores morais pero segundo Nietzsche é erróneo pois os valores non son obxectivos. Son creados polas persoas e son proxeccións da nosa subxectividade, paixóns ou sentimentos. A moral tradicional cría que as leis morais valían para todos os homes. Como segundo Nietzsche o mundo verdadeiro e obxectivo non existe, isto é falso. A moral tradicional é antivital posto que é contraria á vida e ás categorías básicas involucradas nela. Tamén é antinatural pois presenta leis que van en contra das tendencias primordiais da vida. É unha moral de ressentimento contra os instintos.