A cuestión social e a terra na obra de Joaquín Costa
Clasificado en Electrónica
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,49 KB
1. A obra de Joaquín Costa
1. O texto é un extracto do libro de Joaquín Costa, La cuestión social y la tierra, de 1902, con claro carácter político e contidos sociais, económicos e ideolóxicos. Trátase dunha fonte primaria, o autor é coetáneo aos feitos, un texto literario cun enfoque interpretativo e crítico da realidade política, económica e social. O autor, Joaquín Costa, foi o principal representante do regeneracionismo, movemento que se había extendido por todo o país a raíz do Desastre do '98, e do que formaron parte outros ensaístas e escritores, como Ángel Gavinet e os membros da Xeración do '98. En concreto, Joaquín Costa foi político, xurista, historiador, economista e experto en cuestións relacionadas coa agricultura. Estivo vinculado ao krausismo e á Institución Libre de Enseñanza. Arremeteu contra o sistema do turnismo da Restauración e como membro da Unión Republicana de Nicolás Salmerón, chegou a obter un escano no Congreso. Foi autor doutras obras: Oligarquía y caciquismo como la forma actual del gobierno de España, e El colectivismo agrario.
3. A defensa de Costa
3. A necesidade de mellorar a situación da agricultura e de elevar o nivel educativo e cultural dos españois, como medio de acabar coa corrupción no sistema parlamentario. Tales ideas foron defendidas por Joaquín Costa neste texto, un dos principais representantes da corrente do Regeneracionismo.
2. Contexto histórico
2. O texto encádrase na segunda época da Restauración, que se inicia precisamente en 1902, ao acceder Alfonso XIII ao goberno efectivo tras a rexencia da súa nai. Acaba de producirse o Desastre do '98, a perda dos nosos territorios coloniais, imposible de reter tras a intervención dos EE.UU. no conflito colonial. A derrota trouxo consigo perdas demográficas e materiais, perda de mercados privilexiados e a desmoralización do país. Surgía a cuestión de España como problema ao tempo que se fortalecían os nacionalismos periféricos. O exército, desprestixiado, non tardaría en buscar no Protectorado de Marruecos, un novo teatro onde recuperar colonias e un prestixio perdido; pero esas ideas chocaban cunha intelectualidade que analizaba dunha maneira crítica a realidade de España, e con unhas clases populares que xa non aceptaban novas guerras coloniais, mentres que eles se vían envoltos na miseria. Esa situación do pobo é o que se chamou a cuestión social.