Dualismo antropolóxico en Platón: alma, corpo e ética
Clasificado en Electrónica
Escrito el en gallego con un tamaño de 931 bytes
Platón ten unha concepción dualista do ser humano, composto por corpo e alma. O alma é inmortal e inmaterial, e ten prioridade fronte ao corpo. Considera o alma como o principio vital que infunde vida e movemento ao corpo, e é o principio do coñecemento. A teoría platónica do alma está influenciada polos pitagóricos, con existencia anterior desligada do corpo, teoría da reencarnación e necesidade de purificación a través do coñecemento e da práctica da virtude. O corpo, en cambio, é material e mortal, e é visto de forma peiorativa por Platón. Establece unha división do alma en tres partes: racional, irascible e apetitiva, cada unha relacionada cunha función específica. A virtude principal do alma é a xustiza, que require que a razón dirixa e goberne as paixóns e os desexos. A parte racional debe dirixir e gobernar a parte irascible e apetitiva, mantendo a concordia e a harmonía no alma.