Eduardo Pondal: poeta do Rexurdimento galego

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,81 KB

Eduardo Pondal

Eduardo Pondal naceu en Ponteceso, A Coruña, no ano 1835 nunha familia acomodada. Estudiou latín e grego e, logo, licenciouse en Medicina en Santiago. Neste tempo fixo amizade con outros poetas como Rosalía de Castro ou Aurelio Aguirre e xuntos participaron activamente na vida cultural compostelá. Posteriormente, viviu na Coruña, onde presenta o faladoiro literario chamado 'A cova céltica'. Pondal morreu en Coruña no ano 1917. Este autor é considerado o máis culto do Rexurdimento grazas á súa sólida formación en cultura grecolatina e tamén aos seus profundos coñecementos doutras literaturas.

Literatura de Eduardo Pondal

A literatura de Eduardo Pondal divídese en dúas liñas temáticas. A liña cívico-patriota, os poemas que pertencen a esta liña buscan o enaltecemento e a liberación de Galicia. Para facer isto xoga con tres tempos poéticos: o presente, describe unha Galicia asoballada, servil e marginada; o pasado, que se recrea ateigado de heroes; e o futuro, que el vaticina como glorioso para o país. Esta liña temática manifestase a través do celtismo, bandismo e helenismo. A segunda liña é a liña lírica, outros poemas de Pondal cantan e loan elementos como a natureza, especialmente a da súa terra, identificando a idea de liberdade coa paisaxe agreste de Bergantiños, coa fauna e coa súa flora. Outros dos temas desta poesía lírica é a muller, descrita desde diferentes puntos de vista, como heroína guerreira ou como fada, ou estando sometida ao home.

Estilo de Pondal

Eduardo Pondal escribía en castelán e galego. Na súa forma, podemos resaltar que na métrica, utilizaba o verso de arte menor, ainda que unha das súas obras máis importantes, 'Os Eoas', está composta por oitavas reais. Nos recursos retóricos máis destacados por Pondal están o hipérbaton, o epíteto, a comparación, a litote e o símbolo. O símbolo ten exemplos como os piñeiros que simbolizan os heroes e os guerreiros celtas, o vento e a voz reveladora do noso pasado glorioso, e os corvos que simbolizan a liberdade. Na súa expresión da lingua, este autor evitaba os castelanismos, e o galego máis puro era o da súa terra, por iso usaba trazos dialectais da zona.

Obras destacadas

Resaltando por último as súas obras máis exitosas, podemos encontrar o seu primeiro libro en galego, 'Queixume dos Pinos', no 1886. Esta obra está formada por 91 poemas nos que Pondal conta o pasado glorioso de Galicia e anuncia un futuro de liberdade. A segunda obra é 'Os Eoas', feita no 1902, neste poema, Pondal narra a descuberta de América por un Colón de orixe galego. E a última obra é o 'Himno Galego', que foi publicado dentro da obra do 'Queixume dos Pinos'. Este poema é os pinos que consta de 10 estrofas, das cales as 4 primeiras forman o himno galego.

Entradas relacionadas: