Estratexias de Transmedia e Contidos de Inbound Marketing: Claves e Métricas

Clasificado en Magisterio

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,71 KB

Estratexias de Transmedia

Estratexia 1

  • Producir contidos (de pago ou gratuítos) desde o primeiro momento.
  • Distribuír os contidos gratuítos para construír unha audiencia.
  • Consolidar un núcleo duro de fans.
  • Colaborar cos fans para alcanzar audiencias ocasionais.

Estratexia 2

  • Atraer a grandes audiencias ocasionais.
  • Converter os consumidores ocasionais en fans.
  • Colaborar cos fans na expansión da experiencia.
  • Contidos específicos por tipo de usuario, de pago ou gratuítos.

Estratexia 3

  • Construír contido para sostener todo o proxecto.
  • (En paralelo ao anterior) consolidar fans e manter activo o sistema de Crowdfunding.
  • Colaborar cos fans na expansión da experiencia.
  • Contidos específicos por tipo de usuario, de pago ou gratuítos.

Inbound Marketing: Contido Específico, Personalizado, Multicanal e Integrado

Cómo debe ser o contido que creamos?

  • Específico e que responda ás perspectivas dos nosos clientes e que lles axude nas súas preguntas e necesidades.
  • Personalizado. Adaptando o contido aos desexos e necesidades dos nosos usuarios.
  • Multicanal: hai moitos canais para mover e diversificar os teus contidos. Utilízaos, non te centres únicamente en movelos a través das redes sociais.
  • Integrado. De esta forma, o contido estará no lugar correcto no momento axeitado e se este se converte en algo relevante e útil para o teu usuario, será un contido co que fidelicemos ao noso usuario.

Métricas de Actividade

Cuantificar o volume de actividades que estamos despregando nos canais sociais. Ratio de contidos: as pezas totais de contido que se produciron, en comparación co período anterior. Ratio de publicacións: o total de post, actualizacións e contidos compartidos en relación ao período anterior. Tempo medio de resposta: a media de tempo que tarda alguén da corporación en responder unha consulta, pregunta, etc. Tasa de resposta: a cantidade de comentarios, mencións, dúbidas e problemas que recibiron resposta por parte da marca durante o período contemplado. Permite comparar a actividade de Social Media entre períodos, comprobar se un aumento nas accións e/ou a inversión redunda en algún beneficio para a marca.

Métricas de Alcance

Métrica sobre a audiencia, medir o crecemento da miña audiencia en períodos. Permite obter información sobre o teu público, e o seu ritmo de crecemento potencial e efectivo. Fans e followers: o total durante o período avaliado, os que gañamos. Tasa de crecemento: ritmo ao que crece ou decrece a túa audiencia. Se calcula dividindo aos novos seguidores entre o número total que forman a túa audiencia. Notoriedade da marca: mencións da marca no segmento de tempo seleccionado. Alcance dunha publicación: o número de persoas que viron uns contidos polo menos unha vez. Sentimento: mencións positivas, neutras e negativas, e a súa correspondente comparativa.

Métricas de Compromiso

As métricas de engagement poñen en cifras á parte da audiencia que interactúa cos teus contidos, mostrando un interese real e compartindo de forma asidua. Tasa de amplificación: mide os shares por publicación. Índice de aplauso: contabilízanse as mostras de aprobación, incluíndo likes, favoritos, +1, shares, etc. Tasa de conversación: centra en os comentarios que xeran os usuarios nas distintas redes sociais. Compromiso por fan/follower: accións totais de engagement divididas por número de fans nun canal social. Compromiso total da audiencia: suman as mostras de compromiso en todas as redes sociais e divídense pola audiencia total.

Entradas relacionadas: