Evolución da Literatura Galega: Desde a Posguerra ata a Actualidade
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,65 KB
O Teatro entre 1936-1976: Xeración dos anos 50 e Grupo Rivadavia
Xeración dos 50
Primeira xeración de posguerra / Xeración das Mostras do Teatro de Rivadavia.
- Cunqueiro - renovación teatral: ``O incerto don Hamlet´´ e ``A noite vai como un río´´
- Xenaro Mariñas del Valle: ``A serpe´´
- Daniel Cortezón - temática histórica: ``Os irmandiños´´ e ``Pedro Madruga´´
- Manuel María - varios autos: ``Auto do taberneiro´´, ``Auto do labrego´´ - obra de temática mitolóxica: ``Edipo´´ - teatro popular: ``Barriga verde´´
Grupo Rivadavia (Mostra de Teatro de Rivadavia e o Concurso de Teatro Abrente)
- Manuel Lourenzo - o máis significativo: ``Romaría ás covas do demo´´
- Euloxio Ruibal: ``Zardigot´´ - Estudo cinematográfico que explora a historia da incidencia da Guerra Civil nunha familia galega - ``Cousas da morte´´
- Vidal Bolaño - Gañador do Concurso de Teatro Abrente: ``Laudamuco´´ - ópera de a patacón - ``Bailadela da morte ditosa´´
Literatura no Exilio
Castelao - gran referente do galeguismo en América.
- Emilio Pita, Luís Seoane e Lourenzo Varela - poesía moi marcada pola Guerra Civil: ``Jacobuslando´´, ``Fardel de eisiliado´´ [Seoane - reflexo do seu mundo interior, visión persoal da cultura galega]
- Ramón Valenzuela e Silvio Santiago: ``Non agardei por ninguén´´, ``Era tempo de apandar´´ [narrativa]
- Castelao: ``Os vellos non deben de namorarse´´ - representada pola compañía Varela Buxán - [Escribe moitas obras, todas elas de tipo popular, cómico e sentimental nun ambiente rural. ``A taberna do demo´´]
Poesía de finais do século XX (80-90)
``Con pólvora e magnolias´´ (X.L. Méndez Ferrín) - supón a superación da poesía social - ``Seraogna´´ - poemario de Afonso Pexegueiro.
Tres grupos: Rompente, Grupo Alen e Cravo Fondo.
- Rompente - o máis innovador e rupturista (Afonso Pexegueiro, Antón Reixa, Manuel Ramón) - Iniciativas como: O silabario da turbina ou a revista ``Fóra as vosas sucias mans de Manuel Antonio´´
- Consolidación da poesía coa Xeración dos 80 (Darío Xohán Cabana, Claudio Rodríguez Fer, Ramiro Fonte) [en común: volume colectivo ``De amor e desamor I e II´´; colaboran nas mesmas revistas e participan no Festival de Poesía do Condado / Síntese entre modernidade e tradición / fieis á liña intimista do eu poético / admiración por Cunqueiro e Manuel Antonio]
- Xeración dos 90 (Miro Villar, Yolanda Castaño e Emma Pedreira) - [Transformación positiva da poesía. Motivos: poetas do 80 están en plena madurez expresiva e de calidade; aparecen poetas pertencentes a etapas anteriores pero que publican agora; aparecen máis poetas novos]
Prosa de finais do século XX
Década dos 80
[Mudanzas importantes debido a: cambios políticos, proliferación de editoriais e aparición de premios = mercado estable e novas voces literarias]
(Víctor Freixanes, Alfredo Conde, Xosé Luís Martínez Oca ou Xavier Alcalá) - Diferentes temáticas: narrativa xeracional, histórica, experimental e realista.
Importantes voces femininas = nova interpretación - María Xosé Queizán: ``Amantia´´ e Margarita Ledo: ``Mamáfe´´ (obra baseada no mundo audiovisual)
Suso de Toro - ruptura cos xéneros tradicionais: ``Land Rover´´, ``Caixón desastre´´
Década dos 90
[Novas liñas temáticas: ficción científica, erótica, sentimental, western / Xénero con máis difusión: novela policial (xoves) - dentro da novela negra introdúcese o costumismo urbano, a crítica social e certo experimentalismo expresivo / novela histórica continúa con Darío Xohán Cabana / Xénero fantástico e marabilloso: Darío Xohán Cabana e Xosé Miranda / novela urbana e experimental, centrada na explotación da marxinalidade urbana (Suso de Toro)]
Autores significativos: Manuel Rivas - ``Ela, maldita alma´´, ``O lapis do carpinteiro´´ - Xosé Carlos Caneiro: ``Ébora´´, ``Tres tristes tigres´´ [teñen recoñecemento literario en Galicia e fóra, grazas ás traducións e os premios]
Comezo do novo século: continuidade na diversidade de xéneros e ampliación de liñas temáticas.
- Novela negra: Marcos Calveiro - ``Festina lenta´´
- Novela histórica: Teresa Moure - ``Herba moura´´
- Literatura feminina: aparición de autoras - Anxos Sumai: ``Así nacen as baleas´´
- Autores novos que se dedican á exploración de novas realidades: Yolanda Zúñiga - ``Periferia´´ - Senchu Sende - ``Made in Galicia´´
Teatro de finais do século XX
Posta en marcha da Mostra de Teatro de Rivadavia que crea un festival que serve de plataforma para os autores / Manuel Lourenzo e Francisco Pillado = Escola Dramática Galega para formar e facilitar a representación {Cadernos da EDG}
Década dos 80
[Novos proxectos teatrais: Compañía Luís Seoane e salas de representación (Caritel en Ourense e Luís Seoane en A Coruña)]
1984 - creación do Centro Dramático Galego. Obxectivo: favorecer o desenvolvemento do teatro profesional, a normalización do teatro e a publicación dos textos teatrais.
Aínda así segue sen existir un tecido editorial estable / Aparición de premios como o Cunqueiro ou o Dieste que posibilitan a publicación e facilitan a representación.
- Autores máis vellos: vencellados ás Mostras de Teatro de Rivadavia - papel moi destacado / Manuel Lourenzo: ``Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca´´ - Euloxio Ruibal: ``Zardigot´´ - Vidal Bolaño: ``Laudamuco, señor de ningures´´
- Autores máis novos: dimensión simbólica das obras, culturalismo, afastamento da realidade, reflexións metateatrais, crítica, humor e ironía / créanse compañías teatrais profesionais - Sarabela Teatro, Teatro do Atlántico - Miguel Anxo Fernán-Vello: ``A casa dos afogados´´ - Manuel Guede: ``O nome dos disfraces´´
Década dos 90
[Maior ampliación dos autores teatrais / obras caracterizadas pola intertextualidade, revisión da tradición autóctona e a revisión dos modelos xenéricos - Raúl Dans: ``Lugar´´ - Cándido Pazó: ``Raíña de pedra´´ - Teresa Moure: ``Unha primavera para Aldara´´]