O fenómeno relixioso: orixe, transcendencia e diversidade

Clasificado en Religión

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,57 KB

O fenómeno relixioso

O feito relixioso é unha parte da historia humana e acompáñaa en todas as súas etapas; como tal, ten unha orixe no pasado e unha gran transcendencia ao longo do tempo.

Prehistoria

Desde os indicios da vida humana existen indicios de actividade relixiosa: pinturas rupestres, enterramentos rituais, cerimonias da fertilidade… Hoxe pervive o animismo, o politeismo, o monoteísmo…

5000 anos de historia

a. Os pobos nómadas, teñen sociedades dinámicas e relixións histórico-proféticas: judaísmo, cristianismo, islam, baseadas nos procesos de búsqueda e transformación non só persoal senón tamén social e colectiva

b. Os pobos sedentarios teñen sociedades estáticas relixións místicas, hinduísmo, budismo… baseadas na espiritualidade interna

O fenómeno relixioso é pluriforme

Un único feito, pero expresado de diferentes maneiras. Toda relixión ten que ter: deuses/seres humanos e mediacións entre ambos.

A relixión é a busca activa

daquelas respostas ás preguntas básicas que se fai o ser humano, de tódolos tempos, culturas e condicións… Quen son?, De onde veño?, A onde vou?, Qué sentido ten a vida?, Hai vida máis alá da morte?…

E esta resposta vai dar contando cun elementos transcendentais. A divinidade, emprega a razón, pero non só! Hai unha pluralidade enormemente rica de expresións relixiosas: mitos, ritos, crenzas, arte, filosofía, teoloxía, ética… As expresións relixiosas son as mediacións entre o ser humano e os deuses. Son manifestacións obxectivas do feito relixioso, denomínanse hierofanías, manifestacións do sagrado. O sagrado é onde se manifesta o misterio, Deus.

Hai expresións verbais, culticas, artísticas, éticas

A revelación de Deus

"Por amor, Deus revelouse e entregouse ao home. Deste xeito dá unha resposta definitiva e sobreabundante ás cuestións que o home se expón sobre o sentido e a finalidade da súa vida.

Deus revelouse ao home comunicándolle gradualmente o seu propio Misterio mediante obras e palabras.

Máis aló do testemuño que Deus dá de si mesmo nas cousas creadas, manifestouse aos nosos primeiros pais. Faloulles e, despois da caída, prometeulles a salvación (cf. Gn 3,15), e ofreceulles a súa alianza.

Deus selou con Noé unha alianza eterna entre el e todos os seres viventes (cf. Gn 9,16). Esta alianza durará tanto como dure o mundo

Deus elixiu a Abraham e selou unha alianza con el e a súa descendencia. Del formou ao seu pobo, ao que revelou a súa lei por medio de Moisés. Preparouno polos profetas para acoller a salvación destinada a toda a humanidade.

Deus revelouse plenamente enviando ao seu propio Fillo, en quen estableceu a súa alianza para sempre. O Fillo é a Palabra definitiva do Pai, de maneira que non haberá xa outra Revelación despois del. O ser humano foi creado por Deus, a súa imaxe e semellanza creados iguais entre eles, tamén. A súa dignidade é absoluta, por estes motivos nada pode quitarlle ao ser humano a súa dignidade, esta está inserida na súa propia natureza. Tódolos seres humanos, por igual, sin discriminación algunha son merecedores desta dignidade, respecto e dereitos humanos que leva aparellada .

A relixión forma parte sustancial da humanidade. Xa o home primitivo tiña crenzas de carácter relixioso: enterramentos rituais, pinturas rupestres, ceremonias de fertilidade. A pluralidade é enorme no q se refire ás expresións e manifestacións, aínda que hai moitas relixións, todas elas teñen un mesmo esquema.

Entradas relacionadas: