O Galego no Século XX: Historia, Normalización e Literatura
Enviado por alex y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,48 KB
Século XX e a Lingua Galega
A Preguerra (ata 1936)
Situación política, social e cultural
- Fundación da Real Academia Galega
- Normalización e estandarización da lingua: o galego enxebrista nos primeiros anos do século
- Introdución do arcaísmo
- Rexeitamento do vulgarismo propio da lingua oral
- Progreso na eliminación dos castelanismos, dándolle preferencia a sinónimos diferentes do castelán
- Recuperación a través dos lusismos de palabras perdidas ou desprazadas polo castelán
- Introdución de hiperenxebrismos para hipercaracterizar o galego fronte ao castelán
De 1939 ata 1975: A Ditadura Franquista
- Guerra Civil (1936-1939)
- Resistencia ao franquismo (1939-1955) (O Consello de Galiza por Castelao; Galaxia (1950))
- Recesión económica. Retroceso industrial
- Anos 50: Fin da autarquía (A emigración toma un novo rumbo a Europa e ás cidades industriais galegas onde se intensifica a castelanización)
- Anos 60 (Conflictividade social; galeguización da vida política e social)
A normalización e a estandarización da lingua galega: o galego protoestándar
- Entre 1936 e 1950 apenas se publican libros en galego (o castelán era o idioma)
- A partir de 1947 iníciase a recuperación cultural na Galicia interior (a editorial Galaxia despois do 36 promove a revista Grial en 1951)
- Anos 60: Autorízase á R.A.G. a celebración do centenario da publicación de Cantares Gallegos (na prensa aparecen artigos e escritos en galego)
A Literatura Galega: Xeracións e Movementos
Nos anos 50 reanúdase a actividade cultural con xeracións anteriores e posteriores á guerra:
- Xeración do 36: Formación inicial nos anos da República, militancia xuvenil no galeguismo, participación na guerra civil.
- Promoción de Enlace: Irrompe coa xeración anterior mais co condicionamento da ditadura. Formación cultural limitada, autodidactismo, carencia de maxisterio literario galego.
- Xeración das Festas Minervais, Xeración La Noche, Xeración Illa Nova, Grupo Brais Pinto: Descoñecemento da guerra civil, educación no réxime franquista, vinculada á xeración do 36, ruptura posterior co seu maxisterio ideolóxico e coa tradición literaria.