Glosario de termos económicos e urbanísticos

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,7 KB

Acuicultura:

É o conxunto de actividades que mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico ou no medio no que habitan os peixes, permiten controlar a súa reprodución e crecemento.

Agricultura ecolóxica:

Prescinde de utilizar produtos químicos (fertilizantes, insecticidas, sementes modificadas...) para aumentar a fertilidade do chan e das plantas; ou limita o uso de fármacos nas explotacións gandeiras.

Denominación de orixe:

Certificación de calidade que se outorga a produtos dun determinado territorio do que toman o seu nome, que asegura certas características comúns que todos deben cumprir.

Desagrarización:

Proceso de redución do emprego agrario, ante o maior dinamismo doutras actividades e á mecanización das tarefas do campo e progresiva perda da importancia económica do sector primario no PIB.

Explotación intensiva:

Agricultura ou gandería localizadas sobre unha superficie moi limitada de terreo, que require gran investimento de capital e traballo, para obter rendementos elevados.

PPC:

Normas e directrices de cohesión e coordinación das políticas e actividades pesqueiras entre os membros da Unión Europea.

Silvicultura:

Actividade destinada ao cultivo e coidado dos bosques ou montes para a obtención e extracción dos seus derivados.

Fondos estruturais:

Instrumentos financeiros da política rexional da UE. Teñen como fin apoiar ás rexións comunitarias máis desfavorecidas.

Subcontratación:

Contratación dunha empresa por outra para que realice unha parte da súa actividade seguindo as indicacións, características e prazos que se lle impoñen.

Industrias verdes:

Nova rama industrial que ten como obxectivo o emprego de tecnoloxías limpas para a industria, estas empresas respectan o medio ambiente a través dunha xestión tan eficaz como sostible.

Materias primas estratéxicas:

Aquelas materias primas que pola súa importancia son vitais para a existencia económica ou política dos Estados e inflúen poderosamente nas decisións políticas.

Parque tecnolóxico:

Son espazos de elevada calidade urbanística e ambiental, ben comunicadas e accesibles destinados a albergar empresas de base tecnolóxica, institucións de I+D, xunto a centros universitarios.

Balanza comercial:

É un rexistro dos pagos e as cobranzas resultado do comercio de mercadorías. O saldo da balanza comercial é o resultado de restar as importacións ás exportacións realizadas por un país, pódese reflectir superávit ou déficit.

Economía somerxida:

Conxunto de actividades económicas que se desenvolven de maneira subrepticia e escapan ao control fiscal e ás leis e normativas laborais.

Ecoturismo:

É a actividade turística que se desenvolve sen alterar o equilibrio do medio ambiente e evitando os danos á natureza. Trátase dunha tendencia que busca compatibilizar a industria turística coa ecoloxía.

Franquía:

Tipo de comercio onde unha empresa (franqueadora) cede a outras (franqueadas) o dereito de explotar unha marca rexistrada e de certo prestixio a cambio do pago dunha cantidade anual e de impoñer determinadas condicións.

Taxas aeroportuarias:

Tarifa que pagan as compañías aéreas polo uso de determinados servizos e equipos aeroportuarias como pistas, pasarelas de embarque e desembarque, operacións de carga e descarga de mercadorías, estacionamento de aeronaves.

Poboación activa:

É o conxunto de persoas de 16 anos e máis que subministran man de obra para a produción de bens e servizos ou que están dispoñibles e fan xestións para incorporarse a esta produción.

Esperanza de vida:

Relaciona o número de anos vividos por todos os membros dunha poboación co número de individuos que compoñen esa poboación.

Padrón municipal:

É un rexistro que leva a cabo cada concello sobre a poboación que vive no seu municipio. O Padrón municipal contén información sobre as características da poboación, aínda que menos detalladas que as do censo.

Réxime demográfico:

Período correspondente ao modelo de transición demográfico cunhas determinadas características relativas á natalidade, á mortalidade e ao crecemento natural ou vexetativo da poboación.

Censo de poboación:

É o reconto individualizado da poboación do país nun momento determinado. Recolle datos demográficos, económicos, e sociais da poboación: total de efectivos, sexo, idade, estado civil, lugar de nacemento, nacionalidade, lingua falada, nivel de instrución, características económicas.

Crecemento natural:

É o crecemento ou decrecemento da poboación dun lugar por causas naturais, é dicir, como resultado dos nacemento e das defuncións.

Área metropolitana:

Son espazos moi urbanizados que concentran unha gran cantidade de poboación, integrados por unha cidade principal, a metrópole, e un conxunto de cidades veciñas estreitamente interrelacionadas.

Área suburbana:

É un espazo localizado na periferia urbana, de transición entre a cidade e o campo, no que se mesturan os usos do chan e formas de vida propias do campo e da cidade.

PXOU:

É o instrumento que ordena o crecemento da cidade no seu conxunto. Os concellos ocúpanse da redacción dos plans xerais, pero estes deben ser finalmente aprobados pola correspondente comunidade autónoma.

Xentrificación:

Ocupación de antigas áreas depauperadas por grupos de alto poder adquisitivo que valoran o prestixio dos edificios históricos e a proximidade ao posto de traballo, aos lugares de cultura e lecer.

Entradas relacionadas: