Importancia de la macroeconomia

Clasificado en Latín

Escrito el en gallego con un tamaño de 1,64 KB

Características das comedias de Plauto: Plauto é o autor máis representativo da comedia latina, tanto polo número de obras, como polo éxito acadado no seu tempo, e pola popularidade posterior. As súas características son: -Pouca complexidade: os argumentos redúcense a esquemas moi semellantes. -Gran sentido do humor. -Personaxes planos,  forman parte da sociedade romana. -Combina todo tipo de rexistros da linguaxe como a lingua formulista da relixión e o dereito, lirismo na expresión do sentimento dos amantes, xerga dos excravos… Gracias a Plauto coñcemos a fala popular da época. -O elemento burlesco. -A contaminatio ou amalgama co propósito de amontonar determinadas escenas. -O papel de los excravos embusteros. -O recurso artístico do monólogo. -A orientación dada ao prólogo. -A importancia do elemento musical na creación dos cantica.

Principais temas das comedias de Plauto: Os temas que trata son o amor, o diñeiro, as vodas entre persoas de clases sociales diferentes, as viaxes que acaban en naufraxios con inesperados supervivientes, as promesas de namorados fanfarrones a mozas inxenuas, o descubrimento de obxectos que dan un volco na situación dramática, os equívocos entre xemelos, os reencontros de pais e fillos ou os anciáns que volven a atopar o amor. Todos estos temas confluen nunha trama complexa e abigarrada que logra a sorpresa e a risa. caracterización dos personaxes é as veces extravagante e as situacións alóngase frecuentemente máis alá do verosímil.

Entradas relacionadas: