A importancia das técnicas psicolóxicas na vida cotiá
Clasificado en Medicina y Ciencias de la salud
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,44 KB
¿Constitúe a psicoloxía unha técnica útil?
Otra posible valoración do saber psicolóxico consiste en deixar de lado o seu suposto carácter científico e consideralo como un conxunto de técnicas útiles para a vida. En tal caso non debemos preocuparnos por saber se as teorías psicolóxicas nos proporcionan un coñecemento verdadeiro, se serven para mellorar a vida en diferentes aspectos. As dúas concepcións da psicoloxía non son incompatibles entre si pero tampouco van necesariamente unidas.
Localizacións e funcións do cerebro.
O cerebro está dividido en dous hemisferios, un se encarga de coordinar a metade oposta do corpo, o hemisferio esquerdo coordina a actividade do lado dereito do corpo. Cada lado se especializa en un tipo de funcións, o lado esquerdo se ocupa das habilidades lingüísticas, numéricas, e lóxicas mentres que o lado dereito se encarga das habilidades artísticas, percepción espacial e imaxinación. Temos o corpo calloso, unha substancia branca, cando isto se extrae cada hemisferio recibe as súas propias percepcións e almacena por separado, como se cada parte do corpo tivera o seu cerebro. A corteza divídese en 4 lóbulos, frontal, occipital, parietal e temporal. O lóbulo frontal está separado pola fisura de Rolando, o frontal se ocupa das funcións motoras mentres que a parte posterior do cerebro se relaciona coas funcións sensitivas. A maior parte da corteza cerebral está formada por neuronas que son de asociación entre si. Na corteza cerebral podemos observar que a superficie do cerebro relacionada con cada parte do corpo ten menos que ver co seu tamaño relativo que coa precisión das funcións, por exemplo o polegar ocupa unha superficie similar á perna enteira, a representación coñécese como homúnculo de Penfield. A localización cerebral a sido matizada no sentido que o cerebro é un órgano dotado da plasticidade suficiente para poder configurarse de diferentes maneiras, sobre todo durante os primeiros anos. A especialización dos hemisferios non é universal, ás veces poden cambiar. As modernas técnicas de investigación han permitido descubrir que ao realizar unha función non se activa únicamente unha área senón varias que interactúan entre si. Por iso en caso de deterioro dunha área, o dano psicolóxico non é irreversible, senón que por medio dun tratamento adecuado pódese conseguir que outras áreas suplan a área danada, realizando a mesma función.