Innovación e cambio cultural na escola: claves para a mellora

Clasificado en Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,28 KB

Explicación das características da innovación

– Se trata dun proceso

– É unha tarefa colectiva

• Supón fomentar valores de colegialidade e colaboración entre o profesorado

– Require o compromiso ideolóxico, que leve a delimitar metas, valores que as sustentan, etc.

– Importancia dos procesos seguidos entre os membros do centro para desenvolver as melloras.

– Asunción da mellora como algo conxunto e interno

• Búsqueda e valoración continua de prácticas mellores para a escola, por parte do profesorado. Asumir metas comúns e modelos compartidos

– A mellora da escola conleva a reconstrución da cultura escolar reinante.

• Desenvolver novos valores, normas, creencias asumidas e mantidas polos seus membros, …

– Importancia de desenvolver un liderado colegiado

– Proceso permanente (inclúe diversas tarefas)

Diferenzas entre cambios culturais de tipo I e tipo II

Podemos apreciar o cambio como reforma e como innovación.

Para a reforma os factores e as condicións seguen un contexto social e político baseado nun orixe externo mentres que para a innovación o contexto é social e práctico cun orixe interno. A magnitude e escala son amplas na reforma mentres que na innovación é máis limitada. As dimensións e efectos son estruturais para a reforma mentres que pola contra para a innovación son psicolóxicas.

Exemplo de reforma: Cambio da estrutura interna do polideportivo para a realización das actividades físicas escolares e extraescolares.

Exemplo de innovación: programa bilingüe ou calquera outro proxecto que inclúa melloras no centro educativo mellorando o proceso de ensino-aprendizaxe (programa de inserción na rede de reciclaxe, calquera outro que inclúa novas metodoloxías pedagóxicas que supoñan para o alumnado aprendizaxe significativo…)

A innovación como construción cultural

O cambio na escola debe ser un cambio cultural. A cultura innovadora que debería ser desenvolvida na escola non se consegue 'por decreto', é necesario que existan uns procesos permanentes e uns procedementos adecuados de traballo dentro da organización. Nesta liña é importante que a escola adquira unha certa capacidade para desenvolver procesos de:

- diagnóstico da súa situación, é dicir, capacidade de chequear de modo sistemático o seu propio funcionamento organizativo co fin de detectar problemas e áreas deficitarias que habería que mellorar.

- análise dos problemas detectados e dos retos cos que se enfronta e promover igualmente procesos de elaboración de plans compartidos, claros, comprometidos e asumidos por todos para resolvelos.

- os plans non serven de nada se non se levam á práctica. Os cambios afectan a toda a organización, por iso é importante o desenvolvemento de dinámicas de comunicación, diálogo, intercambio de experiencia, reflexión continua sobre o que vai sucedendo, que dificultades se están encontrando, que modificacións hai que ir realizando…

- avaliación de todo o traballo que se vai realizando: reflexión continua sobre como se están facendo as cousas.

O cambio supón desenvolver valores que propicien a interdependencia, o apoio mutuo, a colaboración.

Como pode contribuír a autoavaliación á mellora dos centros escolares?

– Propiciar a máxima participación da comunidade educativa.

– Que cada sector da comunidade educativa valore os aspectos clave no funcionamento, clima e resultados do centro.

– Desenvolver criterios, procedementos e instrumentos de autoavaliación.

– Detectar os acertos e erros da acción educativa.

– Promover plans de mellora específicos e realistas.

– Consolidar unha cultura da mellora na comunidade.

A importancia da innovación e avaliación na mellora dos centros escolares

A innovación educativa é a incorporación sistemática e planificada de prácticas transformadoras, orientadas a mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe.

O obxectivo xeral da avaliación, tanto externa como interna é mellorar a calidade da educación. Ademais, é un instrumento que serve para detectar os acertos e os erros da acción educativa, de modo que permita dirixir o traballo dunha forma máis efectiva.

Entradas relacionadas: