A Literatura Galega do Exilio (1936-1976): Poesía, Prosa e Teatro

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,43 KB

Contexto Histórico

Como consecuencia da diáspora á que se viron abocados unha boa parte dos intelectuais galegos por mor da represión comezada no 36, o centro da actividade literaria galega mudouse a países de Sudamérica e, nomeadamente, a Arxentina e México. Os escritores exiliados entraron en contacto con autores que xa se estableceran alí antes da sublevación militar e comezaron a impulsar un mundo de actividades. Participaron, tamén, na creación da Irmandade Galega, do Pacto Galeuzca e do Consello de Galicia.

Poesía

  • Emilio Pita:

    Publicou, entre outras obras, o poemario ilustrado por Castelao "Jacobusland".
    Características: a traxedia da Guerra Civil en Galicia.
  • Luís Seoane:

    Pintor, muralista, debuxante, ilustrador de libros, poeta... publicou: "Fardel do exiliado", "Na brétema, Sant-Iago", entre outras.
    Características: a temática social e política, as referencias ao mundo artístico, os temas histórico-culturais...
  • Lorenzo Varela:

    "Catro poemas para catro gravados", entre outros.
    Temas: as vivencias tráxicas da Guerra Civil, o pasado histórico das clases populares, certas figuras emblemáticas ou míticas da Galicia medieval, a saudade da terra.

Prosa Ficcional

Características: A preferencia pola temática relacionada coa Guerra Civil e durísima posguerra e o ton biográfico, testemuñal desa época de morte, represión, exilio, terror, fuxidos...

  • Ramón de Valenzuela:

    Publica "Non agardei por ninguén", entre outras.
  • Silvio Santiago:

    Publica "Vilardevós" e "O silencio redimido".
  • Antón Alonso Ríos:

    "O señor Afranio, ou como me rispei das gadoupas da morte. Memorias dun fuxido".
  • Antonio Fernández Pérez:

    "Terra coutada".

Prosa Ensaística

Salienta o nome de Castelao co título: "Sempre en Galiza", un ensaio composto por materiais moi heteroxéneos, escrito en épocas diversas e en diferentes circunstancias, mais sempre marcadas pola condición de desterrado ou exiliado.

Outros autores de ensaio: Alonso Ríos, Núñez Búa, Luís Seoane...

Teatro

  • Castelao:

    "Os vellos non deben de namorarse".
  • Blanco Amor:

    "Farsas para títeres".
  • Luís Seoane:

    "A soldadeira".

Entradas relacionadas: