Literatura Galega do Exilio e Actual: Autores e Obras
Enviado por Nacho y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,55 KB
Literatura Galega do Exilio (1936-1976)
Poesía
- Tras as represións que sofre Galicia, os exiliados de concienciación galeguista comezan a escribir.
- Luís Seoane: cun importante labor editorial e xornalístico, comeza a escribir Na brétema, con voz de conciencia e denuncia.
- Lorenzo Varela: membro do Partido Comunista, autor de Catro poemas para catro gravados e Lonxe, mantén as características da súa produción anterior.
- Eduardo Blanco Amor: autor de Poema en catro tempos. Os críticos salientan a súa riqueza léxica.
- Outros escritores: Emilio Pita (temática civil) e Florencio Delgado Gurriarán (exilio mexicano).
Prosa
- A prosa céntrase na temática da Guerra Civil.
- A narrativa da posguerra baséase, sobre todo, en: crónica realista, autobiografía arredor da nenez dos autores e sobre as peripecias da Guerra Civil.
- Existe un desfase entre a data de creación e a data de publicación debido á censura.
- Ramón de Valenzuela: autor de Non agardei por ninguén.
- Silvio Santiago: narra acontecementos históricos en Silencio redimido.
- Antón Alonso Ríos.
Teatro
- En Galicia, o teatro viuse reducido ás representacións que levaban a cabo as agrupacións folclóricas. Creáronse pezas de carácter costumista.
- Manuel Varela Buxán: autor de Os vellos non deben namorarse (costumista).
- Eduardo Blanco Amor: autor de Farsas para títeres e Teatro para xente (popular e ruralista).
- Luís Seoane: autor de A Soldadeira.
Poesía de Fin de Século e Tendencias Actuais
Galicia 1975-Actualidade
- Apróbase o Estatuto de Autonomía nun contexto de crise económica.
- Os cambios políticos que se producen son:
- Aprobación do referendo para o Estatuto de Autonomía.
- Lei de Normalización Lingüística.
- Coa autonomía consolídanse autores, créase un mercado en galego e entréganse premios.
Lírica entre 1975 e o Século XXI
- Hai unha eclosión de voces e tendencias que abre a diversidade temática en galego.
- As últimas décadas caracterízanse por:
- Reflexión sobre a propia linguaxe.
- Apertura temática.
- Modelo intimista-poético.
- Incorporación de temas musicais.
- Mulleres escritoras.
Momentos
1. Revisión do canon poético
- Son os "novísimos" da poesía galega.
- Méndez Ferrín: Con pólvora e magnolias.
- Cunqueiro: Herba de aquí e acolá.
- Arcadio López Casanova: Sonetos de esperanza repentina, con procedementos estilísticos.
- Alfonso Pexegueiro: Seraogna.
2. Novas tendencias (anos 80 e 90): Promoción dos 80
- Participan en revistas de expresión poética e en premios literarios.
- Trazos:
- Formalismo (discurso literario).
- Eu poético.
- Apertura temática.
- Aceptación do método utilizado en Con pólvora e magnolias, de Ferrín, e Herba de aquí e acolá, de Cunqueiro.
- Autores:
- Claudio Rodríguez Fer: poesía erótica (Vulva).
- Ramiro Fonte: As cidades da nada, con referencias culturalistas.
- Miguel Anxo Fernán Vello: Tópico de lúas, unidade temática, poesías de índole reflexiva.
- Manuel Forcadela: estética formalista, Ferida acústica de río.
- Román Raña: temas universais, Nas areias doutro mar.
- Eusebio Lorenzo: O corpo e as sombras, entre a poesía formalista e de aprendizaxe.
Poesía da experiencia
- Con tendencia culturalista.
- Manuel Rivas: identifícase coa terra e a paisaxe, Balada nas praias do Oeste.
- Cesáreo Sánchez: Mar do fin da terra.
Experimentalismo
- Segunda metade dos anos 70.
- Manuel Vilanova.
- Víctor Vaqueiro.
- Vicente Araguas.
Recuperación da voz feminina
- Pilar Pallarés: Sétima soidade.
- Xela Arias: Denuncia do equilibrio.
- Ana Romaní: Palabra de mar.
Década dos 90
- Fronteiras cronolóxicas.
- Voces femininas.
- Colectivos poéticos.
- Formatos para a difusión da poesía:
- Restauración de vellas canles, como os recitais.
- Ampliación dos medios de comunicación (sobre todo no eido musical).
- Dáse a coñecer a través do fanzine, boletíns e follas voandeiras.
- Xorden novas coleccións de comunicacións poéticas.
- Os premios seguen a ser un medio de difusión.
- Preocupación pola linguaxe.
- Temas clásicos de compromiso social e lingüístico.
Poetas e Tendencias
Poetas de transición
- Constituído por autores que amplían a poética dos 80.
- Miro Millar: Ausencias pretéritas.
- Gonzalo Navaza: emotiva e irónica, Fábrica íntima.
- Arturo Casas: A sombra da unidade.
- Rafa Villar: proceso poético, Tigres de ternura.
- Helena de Carlos: sutil e transparente, Alta casa.
Poesía provocadora
- Antonio R. López.
- María Xosé Queizán.
- Lupe Gómez.
- Yolanda Castaño.
- Olga Novo.
- Chus Pato.
Poesía do íntimo e o cotián
- Reflexionan sobre a primeira intensidade.
- Anxo Angueira.
- Fran Alonso.
- Emma Couceiro.
- Estevo Creus.
Outras liñas
- Manuel Outeriño.
- María do Cebreiro.