Morfemas do Adxectivo: Xénero, Número e Grao

Enviado por lidia y clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,64 KB

O Xénero

Os morfemas de xénero do adxectivo son, no básico, iguais aos do substantivo: alto/alta, nu/núa, ... As palabras que poden ser substantivos ou adxectivos seguen as regras de formación do feminino do substantivo: francés/francesa... Con todo, convén salientar algúns trazos:

  • Algúns adxectivos rematados en -un forman o feminino en –cia: vacún/vacúa.
  • Algúns adxectivos rematados en -dor e -tor no feminino cambian esta terminación por -triz ou ben engaden -a, consonte a regra xeral: motor/motriz.
  • Os adxectivos rematados en –a, –e, –z ou -l son invariables (nudista, ceibe). Tamén son invariables algúns dos rematados en –r (exceptuados -dar, -tor e -sor) e a maior parte dos rematados en –és que non son tamén substantivos: ruín, común.

O Número

Os morfemas de número do adxectivo tamén se realizan coma os do substantivo: só/sós, acusón/acusóns. Só hai un caso de excepción:

  • Os adxectivos rematados en –bel (variante de -ble), a pesar de ser palabras graves rematadas en -l, fan o plural en –beis (posibel, posibeis).
  • Os adxectivos rematados en vogal átona + -s ou en grupos consonánticos con -s son invariables: bardallas, unisex.

Variantes Combinatorias

Algúns adxectivos teñen dúas variantes morfolóxicas, unha plena e outra apocopada, que se combinan segundo o contexto:

  • Malo/mala ten unha variante masculina singular (mal) se se emprega ante o substantivo: un ano malo / un mal ano.
  • Santo/santa ten unha variante masculina singular que se emprega ante nomes que comezan por consoante: santo Andrés.
  • Grande ten unha variante, gran, que se combina de forma opcional con substantivos que comezan por vogal ou consoante. O uso de grande pode enfatizar a expresión: foi unha gran cousa, foi unha grande cousa.

Gradación, Cuantificación e Morfemas Facultativos

A calidade atribuída polo adxectivo pode ser cuantificada ou graduada, por diversos procedementos.

  • A calidade pode ser cuantificada por medio de adverbios cuantificadores: algo parvo, bastante triste. Entre eles salientan os intensificadores moi e ben: está moi enfermo, es ben simpática.
  • Pódese expresar o grao por comparanza co nivel en que teñen esa calidade outros individuos ou en que ten outra calidade o mesmo suxeito. Moi poucos adxectivos teñen formas comparativas específicas (tipo: bo-mellor), polo que cómpre recorrer aos recursos xerais da comparación, non exclusivos do adxectivo:
    • IGUALDADE: É tan boa coma a irmá, É igual de boa ca a irmá.
    • SUPERIORIDADE: máis inocente ca Maruxa, máis lista do que parecía.
    • INFERIORIDADE: Era menos molesto que levarllo á casa, menos cara do que pensaba.
  • O grao máis alto, de forma absoluta ou de forma relativa, exprésase por medio do superlativo:
    • O superlativo absoluto fórmase por medio de -ísim-: grandísimo/grandísima. Non é infrecuente que se una á raíz culta (antigo, antiquísimo). Algunhas palabras teñen un superlativo en -érrim-, moi culto (celebérrimo). É máis común o uso do cuantificador moi acompañando o adxectivo, que pode combinarse co outro procedemento: moi guapo, moi guapísimo.
    • O superlativo relativo válese dun esquema comparativo: o (veciño) máis rico (de todos).

O adxectivo comparte co substantivo a posibilidade de engadir morfemas facultativos, que engaden unha intensificación en distintos graos:

  • -iño/iña, -echo/echa, -ete/eta, -eiro/eira indican grao bastante alto, e engaden matices afectivos positivos: quentiño, gordecho, carete (bastante caro), grandeiro.
  • -ón/ona, -ote/ota, -azo/aza indican exceso e, polo xeral, engaden valoracións negativas: grandón, gordote, altazo.

Estes morfemas teñen as mesmas formas e regras ca os do substantivo, mais cómpre ter presente que os adxectivos en -ble (ou -bel) cambian este segmento por –bil: amable, amabel-amabiliño.

Os prefixos cultos (ultra-, super-, extra-, arqui- e hiper-) pódense engadir aos adxectivos con valor intensificador: ultraseco.

A repetición do adxectivo emprégase tamén como valor intensificador: É rico, rico.

Entradas relacionadas: