Música dos Anos 60: Unha Explosión de Xéneros
Clasificado en Música
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,35 KB
Anos 60: Unha Explosión de Xéneros
Folk Rock e Canción Protesta
Cancións con contido social, protestando contra as inxustizas políticas, a guerra e a falta de comprensión, pero utilizando formas propias da música popular ou folclórica. Xeralmente un solista (voz) e outro instrumento melódico acompañados de guitarra. Exemplos: Bob Dylan, Woody Guthrie.
The Beatles
Cuarteto de Liverpool formado por John Lennon (guitarra rítmica), Paul McCartney (baixo), Ringo Starr (batería) e George Harrison (guitarra solista). Brian Epstein foi o seu representante. Características: estribillos pegadizos, letras sinxelas, identificativas e con moita repetición. A voz é máis importante que os instrumentos, con harmonías moi claras. Uso de instrumentos musicais doutras culturas (sitar, táboa) e da cultura clásica (violín, clarinete). Mestura de moitos xéneros: R&B, Rock and Roll, Pop, Country, Jazz... Primeiro grupo de masas.
The Rolling Stones
Como resposta ao movemento Beat, cun son máis denso e con maior carga social. Influencias do Blues, R&B, Rock and Roll, experimentando coa Psicodelia, Progresivo e Hard Rock. Mick Jagger (voz e guitarra), Keith Richards (guitarra), Brian Jones (guitarra), Charlie Watts (batería) e Bill Wyman (baixo). Características: música máis rítmica cun carácter máis agresivo, guitarras distorsionadas, estruturas e harmonías sinxelas.
Psicodelia
Froito do movemento "Hippie". Tenta enfocar a sensación provocada polo consumo de sustancias alucinóxenas (efecto hipnótico). Musicalmente caracterízase polo virtuosismo instrumental, con moita improvisación e procura de novos sons (distorsión, wah-wah, eco...) que crean espazos sonoros propios. Bastante uso do sintetizador polas súas posibilidades sonoras. Referentes: The Doors, The Mamas And The Papas, Jimi Hendrix. Festivais de Woodstock e Monterrey.
Soul
Música proveniente do Gospel e do R&B de segunda xeración. "Alma", canción de sufrimento e desesperación debido á pobreza. Forma de entretemento dos afroamericanos do Norte. Características: moita importancia da interpretación da voz (sentimento, paixón), temas movidos e pegadizos, uso de melodías gancho que facilitaban a memorización, forma (pregunta-resposta). Exemplos: Aretha Franklin, James Brown, Ray Charles.