Nihilismo activo: a afirmación da vida e a vontade de poder
Clasificado en Formación y Orientación Laboral
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,12 KB
O concepto negativo do nihilismo que atenta contra a vontade de vivir, é só un tránsito pois constitúe o punto de partida para comezar unha nova era de afirmación da vida e vontade de poder. Así Nietzsche presenta un nihilismo activo e positivo cuxa gran afirmación será a vida, que hai que vivila desde a vontade non só de vivir, senón entendendo a existencia como un tempo para crear, un tempo para facer efectiva a liberdade do ser humano.
A vontade de poder e a creación de valores
Nietzsche concibe o mundo e a vida como un continuo e infinito xogo de forzas, co que o ser humano se relaciona mediante a súa vontade, significando un 'eu quero' e supoñendo unha afirmación da vida tal e como é. Pero o ser humano debe ser 'vontade de poder', que consiste en sentir que pode influír no mundo desenvolvendo a súa liberdade.
O superhome e o eterno retorno
O desenmascaramento desta gran mentira é o gran obxectivo de Nietzsche para o que é preciso que surxa un novo home, un ser superior, que acometa a nova transmutación dos valores, anunciando a vinda do superhome que non só asumiu a morte de Deus, senón tamén as consecuencias derivadas desta. Trátase dun ser activo, creador de valores que non desprecia o corpo nin a terra; non se subordina a ningunha moral, é individualista e expresa a súa liberdade na vontade de poder.
O eterno retorno e a liberdade individual
Se Deus non existe non hai creación do nada nin un primeiro momento orixinal. O tempo non é lineal senón circular como creían os antigos gregos, todo se move infinitamente, retorna a si e volve a suceder. Pero este 'eterno retorno de lo mesmo' leva a un determinismo fatalista no que a liberdade é un espeixo. Con todo, esta alcanzará a nivel individual para Nietzsche o seu verdadeiro sentido pois se o tempo é infinito e todo se repite eternamente, cada actuación adquire un valor infinito.
O sentido da vida e a vontade de poder
Por último, o sentido da vida non a trascende, senón que consiste en vivila desde a vontade de poder, dunha maneira libre e aceptando a necesidade como parte do destino.