A oralidade e a escrita en Los Santos Inocentes de Delibes

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,06 KB

Los santos inocentes: o habla popular

Unha das notas máis distintivas de Los Santos Inocentes é o emprego do rexistro coloquial, non só na voz dos personaxes, senón que se converte na marca máis significativa do narrador, que quere romper a fronteira entre as súas palabras e as dos personaxes.

É obvio que Paco e a súa familia son faltos de educación e de cultura e deben expresarse no rexistro coloquial, se non a novela perdería credibilidade e a súa renuncia social non sería tan efectiva, pero é o lenguaxe que usan todos os personaxes para relacionarse entre sí, á excepción do señorito Lucas, que representa á cultura oficial.

O narrador desdobra a súa voz nun estilo literario e outro similar ao dos personaxes, polo que mestura características do narrador oral e do literario. Con iso logra aproximar ao lector á narración e que experimente as accións segundo as viven os personaxes.

Mestura a xuxtaposición, o polisíndeton e os coloquialismos, elementos da oralidade. O lenguaxe é de base oral, e o seu gran mérito é precisamente conseguir que pareza que está contada oralmente, logrando unha aproximación aos oprimidos usando o seu lenguaxe: chán, sinxelo e directo.

O léxico da obra está relacionado coa caza (os cans do perdigueiro, o setter, os tres zorreiros o mastín do pastor); a natureza (madroño, chaparros, jaral, o mato, a retama, o tomillo, espliego); a topografía ( a raya, o encinar, a vaguada, a serra, o coto); o espazo ( aseladeros, o chamizo, o poyo da porta, a corralada) demostrando Delibes o seu coñecemento do mundo rural.

A voz de Delibes é como a voz dun dos personaxes da novela, chea de rexistros populares e, por tanto, de oralidade. Ao mesmo tempo, contaxia de lirismo todo o texto coas súas constantes pinceladas poéticas.

Oralidade e escritura se amalgaman sen producir un efecto artificioso. E éste é o artificio secreto da novela, mediante o que Delibes logra que o lector pase sen transición e sen sentir dun xiro coloquial a un sintagma propio dun rexistro literario.

Entradas relacionadas: