Os personaxes no romancero de Lorca

Clasificado en Magisterio

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,13 KB

Los personajes en el romancero son tipos individuais que representan ao colectivo da raza gitana.

O gitano: personaxe e tema

Para Lorca o gitano é un individuo esencial que vive sen perder nunca de vista o que é e o que implican as súas raíces. Describe a loita pola liberdade do seu pobo e pola conservación dos seus oríxenes. A maioría dos seus romances teñen dous componentes: un mítico e outro real e anecdótico. A historia narrada, a anécdota, constitúe o plano real que entrará a formar parte do mítico e fabular mediante metáforas, símbolos e imaxes. O punto de encontro de ambos planos é o home e o seu destino.

Simboliza o primitivo e o instinto

A pena: é unha pena negra, unha imaxe simbólica. É o personaxe principal, é unha pena andaluza, que se personificará como un personaxe máis do Romancero. Será o amor, a envidia, a ansia de liberdade e o destino tráxico o que determina a actitude de cada un. Cada personaxe do libro é conducido por fíos invisibles que o levarán inevitablemente á fatalidade, á morte. Soledad Montoya encárnana no romancero.

A muller: gitana tamén, protagoniza os romances

É unha muller que soña, que ama, que sofre e que vive intensamente, pero que está abocada a un destino claro: á frustración, á traxedia e á morte. O home primitivo impón a súa masculinidade sobre a muller, quedando esta como un ser pasivo e subordinado ante o impulso sexual do varón.

A Guardia Civil: Enfrontase aos gitanos

É un choque entre a violencia organizada e a liberdade humana. En "Romance de la Guardia Civil" representaa Lorca como un elemento de destrucción e morte.

Os personaxes de Lorca conviven nun mundo de constantes transformacións onde o natural e o sobrenatural van xuntos e metamorfosean creando imaxes sorprendentes. Tamén os elementos naturais personifícanse e achégannos á mitoloxía. Os personaxes movense por diferentes forzas que determinan as súas condutas: o sexo, a paixón, o instinto, as emocións. Móvense por ilusións, ou mellor dito, por falta delas; non entran en conflitos morais.

Entradas relacionadas: