Poesía Galega desde 1975: Renovación e Tendencias

Enviado por Anónimo y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,9 KB

A Poesía Galega desde 1975: Renovación e Tendencias

O Esgotamento da Poesía Social-realista

A mediados da década de 1970, o esgotamento da poesía social-realista, combativa e crítica, é cada vez máis evidente. A idea da poesía como instrumento eficaz de ataque e de denuncia da opresión e da falta de liberdades vai perdendo sentido coa chegada da democracia. Os poetas senten a necesidade dunha renovación estética; os novos temas, a linguaxe e os recursos formais adquiren maior importancia.

O Cambio de Rumbo: 1976

En 1976, publicáronse tres poemarios que marcaron o cambio de rumbo da poesía galega:

  • Con pólvora e magnolias, de Xosé Luís Méndez Ferrín
  • Mesteres, de Arcadio López Casanova
  • Serán, de Alfonso Pexegueiro

Sen deixar de lado as preocupacións sociais, a poesía galega comeza a superar os modelos anteriores. Abandónase o ton reivindicativo, panfletario e populista. Vólvese á preocupación pola forma do poema, polo vigor e polos novos temas. A nova poesía vira a súa mirada cara ao preciosismo formal e estético e á profundidade conceptual.

Características da Poesía Galega Actual

Pódense sinalar algunhas claves que caracterizan a poesía galega actual:

  • Eclecticismo: Convivencia de diversos estilos, formas e linguaxes poéticas.
  • Independencia dos fenómenos poéticos e políticos.
  • Esteticismo: Maior preocupación polos aspectos formais e pola linguaxe poética.
  • Construción de mensaxes individuais que dan orixe a unha poesía moi persoal, intimista e reflexiva.
  • Tratamento de novos temas como o erotismo, o ecoloxismo e a sensualidade.
  • Culturalismo: Numerosas referencias pictóricas e musicais.
  • Reivindicación do atlantismo e dos espazos míticos, con continuas referencias aos mundos celta e medieval.
  • Influencia do simbolismo e de vangardas, e de escritores galegos como Eduardo Pondal, Ramón Otero Pedrayo ou Manuel Antonio.
  • Conexión da poesía coas novas formas de comunicación audiovisuais e artísticas, como Internet.

A Promoción Poética Posterior a 1975

Autores posteriores a 1975 déronse a coñecer grazas a certames e concursos poéticos, como o Premio Nacional da Crítica, O Facho ou o Premio Esquío. Tamén tiveron un papel importante revistas poéticas de expresión, como Dorna e Nordés.

Novas Promocións e Colectivos

Nos últimos tempos, irrompeu unha nova promoción de poetas que mantiveron as liñas básicas e os fundamentos poéticos. Agrupáronse en colectivos como, por exemplo, o Batallón Literario da Costa da Morte.

A Creación Poética Feminina

Finalmente, cómpre destacar a creación poética feminina, con discursos feministas e antimachistas.

Entradas relacionadas: