A Poesía Galega do Derradeiro Terzo do Século XX: Tendencias e Autores

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,54 KB

A Poesía Galega do Derradeiro Terzo do Século XX

O derradeiro terzo do século XX trouxo consigo renovacións poéticas, como son a eclosión da escrita feminina e a convivencia de varias promocións de autores. Hai catro tendencias importantes:

  1. Consolidación da estética do socialrealismo da man dos ''Novísimos''.
  2. A reacción contra as formas destes.
  3. A presenza de novas formas estéticas coa ''xeración dos 80'', baseada na admiración dos poetas do pasado, o rexeitamento da poesía comprometida, a maior atención á forma e estilo, novos temas (erotismo) e tendencia culturalista.
  4. A reacción posterior a esta estética pola ''xeración dos 90''.

Os Novísimos

Aparecen a finais dos 60 participando na implantación do nacionalismo de esquerdas. A súa escrita está ideoloxizada, abordando cuestións como a loita pola lingua, a opresión nacional, etc.

  • Manuel María: Os novísimos da poesía galega.
  • Darío Xohan Cabana: Amor e tempo liso.
  • Alfredo Conde: Mencer das linguas.

A Reacción en Contra

Nos cambios temáticos e estéticos xa non hai lugar para o compromiso político.

  • Ferrín: Con pólvora e magnolias.

A Xeración dos 80

Afán culturalista que provoca distanciamento entre o poeta e a sociedade; intento de síntese entre modernidade e tradición; gusto pola experimentación.

  • Cáccamo: Praia das furnas.
  • Xela Arias: destaca pola súa poesía intimista, o desacougo e o erotismo. Darío a Darío.
  • Manuel Rivas: Libro de entroido.

A Xeración dos 90

Continúan escribindo a maioría dos poetas da xeración anterior, autores que tiveran dificultades para publicar (Gonzalo Navaza, Lino Braxe...). Estes desenvolven iniciativas poéticas como o ‘’Batallón da costa da morte’’ (Francisco Souto, Yolanda Castaño…). A revista Festa da palabra silenciada foi un punto de encontro para as poetas galegas que se caracterizan por trasladar aos seus poemas o imaxinario feminino e a relectura dos mitos e metáforas tradicionais.

Características da Xeración dos 90

  • Anovado tratamento dos temas eternos.
  • Procura dun lector emocionable.
  • Tratamento novidoso de temas sociais.
  • Ecoloxismo.

Entradas relacionadas: