Poesía das Irmandades da Fala: Características, Obras e Autores

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,34 KB

Poesía das Irmandades da Fala: Características, Obras e Autores

Cronoloxía: período intersecular (fins do século XIX, comezos do XX)

Influenciada polos autores e as temáticas do Rexurdimento (Rosalía - intimismo/costumismo-, Curros -poesía cívica- e Pondal -celtismo-)

Identificación reducionista (galego=poesía=temática)

Neste contexto xorden as Irmandades (ademais de seren a vertente política vinculada coa aparición do nacionalismo galego, as Irmandades protagonizan unha reivindicación da lingua e da cultura moi destacada: editan revistas como A Nosa Terra, traducen obras europeas, espallan a lingua a novos xéneros: teatral, ensaístico ou novelístico...)

No xénero poético: atribúenlle á poesía o elemento da identidade nacional do pensamento galeguista e renovan e modernizan a poesía en canto a temas e formas (Modernismo).

Destacan dúas escolas: a tradicionalista -a poesía debía ser fiel á tradición decimonónica, Noriega Varela- e a renovadora -a poesía debía estar á altura dos tempos e incorporar as novidades europeas, Ramón Cabanillas-.

Noriega Varela

Representa a transición do século XIX ao XX. Os seus versos recóllense nunha única obra que pasou de chamarse Montañeses a Do ermo (cambio de tendencia na obra, de poesía costumista a influencia dos saudosistas portugueses). Atopamos composicións costumistas que recollen a dura vida dos labregos en contraposición coas súas festas e tradicións, e poemas máis orixinais que representan unha natureza chea de lirismo onde a forma máis pequena e humilde cobra protagonismo (estética franciscana). Nestes poemas a linguaxe vólvese máis culta e refinada, cun gusto impresionista que anticipa o ismo hilozoísta.

Ramón Cabanillas

Representa a ruptura coa continuidade. A súa obra caracterízase pola variedade de rexistros temáticos. Dous períodos: antes da guerra e despois da guerra, pero nela hai dúas liñas claras: poesía lírica e poesía narrativa.

Poesía lírica

Pódense observar tres liñas temáticas:

  • Poesía intimista -de inspiración rosaliana, sobre a vida, o amor, a natureza... cunha forte carga relixiosa e chea de saudade. A rosa de cen follas recolle parte desta poesía-.
  • Poesía cívica -poemas que reflicten o pensamento agrarista e o ideario nacionalista das Irmandades da Fala. Neles denuncia a falta de xustiza, o caciquismo, a emigración, a vida miserenta dos campesiños. Algúns son versos que animan á loita campesiña pola abolición do foro e a propiedade da terra. Da terra asoballada, Vento mareiro, No desterro, son obras desta temática-.
  • Poesía costumista -trátase de estampas ou escenas rurais ou mariñeiras de corte tradicional, pero cunha linguaxe modernista-.

Poesía narrativa

Desenvolvida fundamentalmente na obra Na noite estralecida, na que realiza unha revisión da materia de Bretaña medieval, galeguizándoa e poñéndoa ao servizo do pensamento nacionalista. As Irmandades da Fala son os cabaleiros da Táboa Redonda, a espada Escalibur custódiase na illa de Sálvora, o Grial élle revelado a Glahaz nas montañas do Cebreiro e Artur dorme nunha furna á espera dos novos tempos que suporán a recuperación da gloria perdida para Galicia.

Entradas relacionadas: