Poesía e teatro en España: evolución e influencias

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,66 KB

Poesía en España

Surxen entón dous tipos de poesía: por un lado, a clasicista, con obras como 'Amazona' de Gerardo Diego; e por outro lado, a desarraigada, que trata tanto o exterior (refiríndose ao exilio) como o interior (refiríndose así aos poetas que quedan en España) con obras como 'Hijos de la ira' de Dámaso Alonso. Por último, temos a Miguel Hernández, o cal foi definido por Dámaso como o 'xenial epílogo' da xeración do 27, aínda que non reunía as cualidades xeracionais dos demais. Miguel compartiu moitas tendencias poéticas co resto dos autores da xeración e mantivo relacións de amizade con moitos deles, sobre todo con Alberti. A súa poesía tamén evolucionou notablemente, primeiro posuíu un estilo gorgorino, como en 'Perrito en lunas'. Pouco despois alcanzou a súa plenitude con 'El rayo que no cesa', un cancionero amoroso con imaxes surrealistas. Despois, a corrente de poesía que transcorreu durante a Guerra Civil inspirouno a escribir 'Viento del pueblo' de tema socio-político. Por último, a época de cárcere e morte levóuno a escribir 'Cancioneiro e comanceiro de ausencias' onde trata o amor e a ausencia da cárcere.

Teatro en España

Ao rematar a guerra civil, impónse en España a ditadura do xeneral Francisco Franco, iniciándose así unha nova e difícil etapa na sociedade e na cultura española. Encontramos tres etapas durante este período: a primeira etapa foi a inmediata á posguerra (1940-1960) que está marcada pola represión, a miseria, o illamento nacional e a pobreza intelectual producida pola censura; na segunda etapa atopamos o desenvolvimentismo (1960-1970). Nesta etapa iniciouse unha recuperación económica e unha renovación intelectual grazas á relaxación da censura e á apertura que produciu a emigración e o turismo; por último, a chegada da democracia que se iniciou coa morte de Franco en 1975 permitiu a monarquía democrática. O panorama xeral do teatro en España sufriu unha gran perda de autores, grandes innovadores como Lorca ou Valle-Inclán morreron e outros como Alberti ou Casona foron exiliados. Mentres tanto, Europa contaba con grandes innovadores como Brecht e o seu teatro transmisor de ideas baseado no distanciamento. A escena española viuse marcada por un teatro convencional, máis dramático e con escaso interese artístico, limitado pola censura, cuxo único obxectivo era entreter á burguesía inculta que gañara a guerra. En 1949 iniciouse un camiño cara á renovación grazas á publicación de 'Historia de una escalera' de Antonio Buero Vallejo ao gañar o certame Lope de Vega. Con todo, non sería ata os anos 60 cando entraría en España a renovación europea.

Entradas relacionadas: