Radioloxía do cráneo e cara: técnicas e proxeccións
Clasificado en Inglés
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,44 KB
Radioloxía do cráneo e cara.
Generalidades.
- Paciente en decúbito supino, sedestación ou bipedestación.
- Distancia 90 a 110 cm.
- Foco fino.
- 100 mAs e entre 65-80 Kvp.
- Utilizar sempre rejilla.
Puntos de referencia e planos
- Las radiografías do cráneo realizanse tomando como referencia certos puntos visibles que definen unhas determinadas liñas e planos, que son os seguintes:
- Nasión: punto medio na sutura fronto-nasal.
- Acantión: punto na base da espina nasal anterior
- Trago: eminencia cartilaxinosa situada diante do orificio do conduto auditivo externo.
- Ángulo externo da órbita.
- Protuberancia occipital externa.
- Ángulo do maxilar.
Líñas de referencia.
- Líña interorbitaria une o centro das órbitas, e forma un ángulo recto co plano sagital medio.
- Líña infraorbitaria une os puntos situados na parte máis inferior das órbitas
- Líña básica ou antropolóxica pasa dende o borde infraorbitario á parte superior do meato auditivo externo.
- Líña órbito-meatal une a comisura palpebral externa co centro do meato auditivo externo (trago)
Planos de referencia:
- Viene definido polo nasión e a protuberancia occipital. É o plano de simetría do cráneo,
- Plano coronal medio, (PCM) dividen a cabeza nunha parte anterior e outra posterior.
- Plano órbito-meatal, é o que vén definido pola unión das liñas órbito-meatales
Cráneografo
- Equipo específicamente deseñado para realizar todas as exploracións do cráneo
- Pode ser orientado en todas as direccións xa que son isocéntricos con respecto ao conxunto chasis-rexilla
- Esta particularidade permite que mantendo a cabeza na mesma posición se poidan conseguir distintas proxeccións cunha calidade óptima.
Técnica radiográfica simple.
- La preparación do paciente require unha coidadosa observación para comprobar a retirada de todos os posibles obxectos metálicos que posteriormente poidan deteriorar a calidade da imaxe
- A mellor posición para realizar as radiografías é a sentada
- En radioloxía de urxencias a posición máis común é a de decúbito sobre todo no caso de pacientes que non colaboran, ou no caso de realización de tomografías.
PROXECCIÓNS BÁSICAS CRÁNEO
Proxección AP, PA, fronto-occipital, occipito frontal
- Cabeza do paciente cos planos órbito-meatales e sagital medio perpendiculares á película
- RC dirixido ao nasión (AP) ou á protuberancia occipital (PA), en paralelo co plano órbito-meatal e de forma perpendicular ao plano coronal
- Foco fino, colimación ao tamaño da cabeza.
- 100 mAs entre 65 e 75 Kvp
- Como medida de radioprotección realizarase a occipito frontal, sempre e cando sexa posible, en vez da fronto-occipital, xa que desta maneira irradíase menos o cristalino.
- Os criterios de calidade refírense sobre todo á simetría da imaxe, liñas innominadas equidistantes aos bordes externos das órbitas.
Lateral de Cráneo.
- Chasis 24 x 30
- Foco fino
- 100 mAs 55-65 Kvp.
- Líña órbito-meatal 0º (paralela ao chan)
- PCM 90º respecto ao chasis
- RC horizontal centrado sobre 4 cm. por enriba do trago, a liña interpupilar será perpendicular á mesa
- Criterios de calidade, consisten superposición correcta de ambos Conductos Auditivos Externos (CAE), ramas de maxilar inferior, alas maiores do esfenoides e techos das órbitas.
Proxección frontosuboccipital (Worms-Bretton) Towne
- Esta proxección realízase co paciente en sedestación, no caso de suxeitos cifóticos convén adiantar o asento con respecto ao taboleiro para que o paciente poida adoptar sen dificultade a posición requerida.
- Plano órbito-meatal debe formar un ángulo de 90º con respecto o chasis
- RC dirixido nun ángulo de 25º con inclinación caudal á zona media rexión frontal pasando pola liña biauricular.
- Criterio de calidade, lámina cadrilátera (dorso da cadeira turca) en agueiro occipital. Simetría de bordes superiores peñascos, bóveda parieto-occipital visible.