A revolución industrial e os seus efectos na Europa
Clasificado en Electrónica
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,02 KB
Outros sectores:
La industria química quedou profundamente transformada ante a necesidade do textil. A produción de ácido sulfúrico tamén creceu a un ritmo espectacular tras a invención da cámara de chumbo en 1746. A metalurxia foi outro sector de elevado crecemento, o seu impulso proviño das necesidades do textil, a mecanización fixo que se consolidara este novo sector dedicado a fabricar maquinarias. Outro sector de rápida expansión foi a construción.
Novos transportes:
En o SXIII, melloráronse os camiños e construíronse multitud de canles para posibilitar a navegación fluvial. O ferrocarril foi o que provocou unha verdadeira revolución do transporte, grazas á súa rapidez, enorme capacidade de carga, menor custo e maior seguridade para os pasaxeiros. Stephenson inventou, en 1829, a locomotora, unha máquina capaz de trasladarse sobre carrís, a primeira liña uniu Liverpool e Manchester. Robert Fulton aplicou a máquina de vapor á navegación e en 1807, o 1er barco de vapor navegou polo río Hudson. Poco a pouco os barcos de vela foron substituídos polos de vapor. A construción da rede ferroviaria modificou, tanto en G. Bretaña como na UE, as costumes sociais, ao facer moitos máis rápidos e seguros os viaxes de longa distancia. As grandes expectativas conduciu a un gran boom bursátil.
Impulso do mercado:
A mellora nas infraestruturas e o transporte fixo posible o paso cara unha economía de mercado na que se produce non só para o autoconsumo senón para poñer en venda. Les obrigou a buscar novos consumidores. O impulso inicial da expansión proviño do mercado exterior. Os industriais e comerciantes aproveitaron as oportunidades que lles ofrecía o mercado para a exportación da produción. A transformación de maior calado foi o desenvolvemento dun mercado interior, que permitise a xeneralización dos intercambios. Foi un proceso máis lento, que se nutriu do crecemento da poboación ao procurar máis consumidores e da mellora de transportes. Houbo un aumento considerable do comercio e se pasou dun ámbito de intercambios local e comarcal a un mercado integrado a nivel nacional e internacional.
PROTOINDUSTRIALIZACIÓN:
Producción artesanal doméstica + traballo agrícola, ingresos complementarios, Holanda, Gran Bretaña, Cataluña, Centro Europa. 1A fase→Domestic System: Campesiños donos do seu traballo e das súas ferramentas de traballo 2A fase→ Putting of System: perda de autonomía. O comerciante controla o proceso produtivo 3A fase → Factory Sistem: control total do proceso. Concentración das ferramentas de traballo e dos traballadores nun mesmo e gran espazo.
Bélxica→:
Foi o primeiro país en seguir os pasos do Reino Unido. A súa industrialización comezou entre 1800-30, aínda que existían precedentes como o “Domestic System” textil e a minería do carbón. Os sectores foron a industria textil, a metalurxia e a siderurxia; contaba cunha minería importante e unha agricultura desenvolvida. En Bélxica tivo un papel máis activo na industrialización que no Reino Unido. A industria siderúrxica concentrouse en torno a Liexa onde facilitaban a chegada de carbón. O sector textil destacou nas rexións de Gante. En 1830 creouse a banca Société Générale que permitiu investimentos nos distintos sectores, en especial o textil e ferroviario.
Francia→:
A súa lenta industrialización estivo moi influída pola coyuntura política, e basouse no desenvolvemento do sector agrario, na produción de bens de consumo. Houbo cambios agrícolas e demográficos: * Repartíuse a terra entre os campesiños, o que freou a emigración do campo á cidade. * As taxas de natalidade baixaron e a poboación creceu a ritmo moi pausado. O efecto foi unha menor demanda de produtos industriais e un menor consumo e menos man de obra dispoñible. Predominio do sector agrícola durante as primeiras décadas das XIX. O Estado foi quen potenciou o desenvolvemento industrial e interviu no desenvolvemento económico. A industrialización francesa pode considerarse menos revolucionaria que a británica grazas ao lento crecemento da poboación.
Alemaña→:
A ausencia dun espazo económico común, é dicir, a falta dunha economía nacional. Alemaña quedou dividida en infinidade de territorios, existían 1800 aduanas. A unificación económica fixose realidade entre 1815-34, coa creación da unión aduaneira ou Zollverein 1834. Despegou a economía alemá. Alemaña continuou sendo un mosaico de Estados ata 1870, o que dificultou a industrialización. O ferrocarril veu a consolidar a unificación económica de Alemaña. Os sectores máis dinámicos foron o textil de algodón, pero non chegou a ser o sector reitor. No seu lugar apareceu a minería, a siderurxia e a metalurxia, potenciadas polo desenvolvemento do ferrocarril, que esixía a construción de locomotoras e raíles. O Estado prusiano xogou un papel destacado na industrialización do país. Un factor decisivo foi a existencia dun sistema educativo orientado.