O Rexurdimento: Movemento de Recuperación Cultural
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,05 KB
Delimitación
O Rexurdimento, movemento de recuperación da cultura galega na segunda metade do século XIX, tivo as seguintes etapas:
- Transición do Prerrexurdimento ao Rexurdimento: coincide cos Xogos Florais da Coruña de 1861.
- Comezo do Rexurdimento: en 1863 coa publicación de Cantares gallegos.
- Rexurdimento pleno: en 1880 coa publicación de Follas Novas, Aires da miña terra e Saudades gallegas.
- Posrexurdimento: dende 1889 a 1914.
Causas
O Rexurdimento foi froito do Romanticismo, o Liberalismo e o Galeguismo, unha corrente ideolóxica resultado da confluencia dos dous anteriores en Galicia. O Galeguismo tivo as seguintes fases:
- Provincialismo (1840-1865): defendía a integridade territorial de Galicia. Houbo un primeiro provincialismo que remata cos Mártires de Carral en 1846 e un segundo no que se atopan Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, etc.
- Federalismo (1865-1875): pretendía que Galicia constituíse un cantón dentro da unidade cantonal española.
- Rexionalismo (1875-1906): promoveu a reorganización cultural e ideolóxica, e rematou coa fundación da Real Academia Galega.
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro escribiu obras en castelán e en galego:
- Poesía en castelán: La flor, A mi madre, En las orillas del Sar.
- Prosa en castelán: La hija del mar, Flavio, Ruinas, El caballero de las botas azules, El primer loca.
- Poesía en galego: Cantares gallegos e Follas Novas.
- Prosa en galego: Contos galegos.
Cantares gallegos
Publicado o 17 de maio de 1863, Cantares gallegos foi o primeiro libro escrito integramente en galego. A súa publicación responde a dúas motivacións:
- O compromiso de Rosalía coa terra e a xente de Galicia.
- A dignificación da lingua e a intención de glosar poeticamente as coplas populares, que incorpora aos poemas como refráns.
O libro consta de 36 poemas que seguen as seguintes temáticas:
- Temática costumista-folclórica: describen tipos e costumes galegos (gaiteiros, devocións populares, romarías).
- Tema amoroso: home e muller expoñen a súa coita amorosa.
- Temática intimista: fala da saudade (só aparece nos poemas "Campanes de Bastavales" e "Como chove miudiño").
- Temática de denuncia: trata problemas de índole social como a emigración e a marxinación.
En canto á forma, utiliza versos de arte menor e rima asonante, e emprega recursos como a aliteración e a anáfora. A estrutura segue un patrón circular: o primeiro poema invita a unha moza a cantar e no último a moza di que fixo o que lle mandaban. Polos outros poemas desfilan diversos suxeitos líricos.