O xénero satírico na literatura galega medieval
O xénero satírico está formado polas cantigas de escarnio e maldicir, que proveñen do sirventés provenzal. Este era un tipo de composición que trataba temas morais, filosóficos, persoais, políticos e literarios. As cantigas satíricas galegas tiñan unha tonalidade menos reflexiva e buscaron o ataque persoal, a ridiculización e a degradación do adversario a través do riso. Son importantes por varios motivos:
No sociolóxico retratan de xeito máis ou menos realista as diferentes clases sociais da época. No histórico ofrecen datos que non nas crónicas do momento e no lingüístico teñen un rico e variado léxico, libre do convencionalismo poético da cantiga amorosa.
Tipos de cantigas
As de escarnio critican de maneira encuberta con xogos de palabras, dobles sentidos, alusións e eufemismos entre outros.
As de maldicir critican directamente, con palabras claras e sen dobles sentidos.
Clasificación temática das cantigas satíricas
A sátira política ten dous ciclos. O primeiro trata a censura do comportamento da igrexa e de parte da nobreza portuguesa que traizoaron a Sancho II e apoiaron a Alfonso III. Isto provocou unha guerra civil, e nas cantigas critícanse aos alcaides que entregaron os seus castelos ao novo rei. O segundo ciclo é sobre a censura do comportamento dalgúns nobres e cabaleiros que abandonaron a Alfonso X durante as campañas de Granada, asustados polos exércitos árabes.
A sátira social, persoal e de costumes. Son cantigas na que os individuos aludidos son case sempre representativos dun grupo social: nobres avaros e mezquiños, cabaleiros pobres, abadesas e clérigos luxuriosos, doncelas e damas libidinosas, soldadeiras, maridos enganados, médicos que cobran por enfermar aos sans e matar os enfermos, avogados aproveitados, xuíces prevaricadores e falsos peregrinos á Terra Santa...
- Nobreza: censurábaselle a covardía, a avaricia e a traizón. Os privados dos reis,os ricohomes e a baixa nobreza (infanzóns e cabaleiros) eran ridiculizados pola falta de escrúpulos e polas súas ansias de aparentar, a pesar da miseria en que vivían.
- Estamento relixioso: recibiu moitas críticas polo seu comportamento pouco exemplar. O repertorio de vicios mundanos dos eclesiásticos son a ambición, a gula, a falsidade e a luxuria.
- Representantes da administración e outros grupos sociais: os médicos, avogados, falsos peregrinos a Terra Santa, alcaides, meiriños, adiviños
e astrólogos, os mouros e xudeus, tamén sufriron a censura dos trobadores- Comportamento sexual: é un dos temas recorrentes en moitas cantigassatíricas. As mulleres, especialmente as soldadeiras e as representantes do
estamento eclesiástico, retrátanse como a antítese do ideal de castidade e pureza que promovían as instancias eclesiásticas e cortesás.
A sátira literaria ten 2 ciclos que teñen como motivo a propia literatura e os seus autores:
Parodias do código do amor cortés: ridiculizan os tópicos e motivos característicos deste. constitúe un medio a través do cal se critica unha persoa: a coita e a morte de amor convértense en morrer de fame, a muller idealizada transfórmase nunha doncela fea, critícase que un trabador lle cante a unha de cría, ou a mesma linguaxe da poesía amoroso emprégase con dobles sentidos.
Enfrontamentos entre trobadores e xoglares: constitúen unha
especie de xogo de enxeño para defender un privilexio de clase , para demostrar as habilidades literarias ou dar saída a rivalidades de tipo persoal. Unhas veces criticaban a falta de habilidade na interpretación e outras censuraban a mala calidade das composicións ou a ousadía do xograr por atreverse a compoñer.