Sociolingüística

Clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 12,12 KB

As normas ortografías e morfoloxicas do idioma galego perseguen elaborar “una lingua común asentada na fala, máis depurada de castellanismos, supradialectal, enraizada na tradición, coherente e harmónica coas demais linguas de cultura” estas pautas esixen excluír  da variedade estandar os seguintes fenómenos presentes, non obstante, na fala, así como na lingua escrita previa: O diferencialismo radical (hipergaleguismos), a evasión cara a lingua medieval (arcaísmos), os vulgarismos, os castelanismos e os lusismos. Estas formas pasan a ser consideradas desviacións da norma, polo que debemos evitalas, sobre todo na escrita e nos actos comunicativos formais.

-Hipergaleguismos. O desexo de crear unha lingua común enxebre, libre de interferencias do castelán levou en ocasións a incorrer no hiperenxebrismo ou hipergaleguismo, isto é, a falsa “ galeguización” de formas que coincidían en ambos os idiomas. En realidade, o hipergaleguismo constitúe en última instancia unha variante do castelanismo, xa que ten tamén como referencia o castelán, neste caso para se afastar del. Algúns hipergaleguismos perviven na actualidade. Nos mais dos casos substitúen cultismos e semicultismos galegos tras sometelos artificialmente ás mesmas evolucións etimolóxicas que sufriron as voces patrimoniais ( urbán,semán,ordear, persoaxe, craro) Noutras ocasións, establécense unha falsa regra de tres: se o castelan puerta ou viento se corresponden co galego porta ou vento, pénsase que o castelan frecuente se corresponderían con freconte. Outros exemplos: ambente, inconvinte,horizonte,primaveira.

-Vulgarismos. Son o resultado dalgún tipo de vacilación, vocálica ou consonántica, na maioría dos casos por adición ou supresión dun elemento.

por adicion->prótese: amoto, arrabear.. (posición inicial). Epéntese: soio, a ialma,ademirar..(posición media) Apócope: verdá, virtú…(posición final)

por supresion->Aférese:tar,nimigo…(posición inicial)Síncope:espranza,vran(posición media) Paragoxe: amare, corazonhe(posición fina)

Tamén se cualifican como vulgarismos a metátese:probe,melro.Simplificacions e grupos consonánticos culto, por eliminación ou vocalización do primeiro elemento:coluna, correto. Vacilación vocálica en sílaba átona, por asimilación(aproximase a vogal tónica) ou por disimilación (afastase da vogal tónica) : lovar, somana, sasenta. Rotacismo: derde, non nor deixan, en ver de.

-Préstamos e interferencias. As linguas adoitan incorporar no seu léxico termos procedentes doutras, que se coñecen por este motivo co nome de prestamos. Normalmente recórrense a eles para denominar realidades ou conceptos novos, para os que se toman prestadas as palabras da lingua onde se levou a cabo a descuberta, en lugar de inventar unha etiqueta nova en cada lingua. Cando se trata de linguas en proceso de normalización, os préstamos constitúen unha ferramenta fundamental para cubrir as lagoas léxicas que van xurdindo a medida que se conquistan novos espazos de uso. Nestes dous supostos, estamos ante prestamos necesarios; non obstante tamén son moi habituais os prestamos innecesarios, é dicir, aqueles que para cuxo significado si existe unha palabra propia na lingua receptora. Estes últimos denomínanse interferencias e son debidos á presión  sociocultural dunha lingua dominante. De aí que na lingua galega a maior parte das interferencias procedan do castelán ( castelanismos), aínda que nos últimos tempos  son moitas tamén as que veñen do inglés (anglicismos). Por outra banda, dado o pasado común do galego e o portugués, este considérase a fonde fundamental para o arrequecemento do léxico culto, aínda que nalgúns casos atopamos tamén préstamos innecesarios desta lingua, que denominamos lusismos.

-Lusismos. Aparecen cando se recorre a termos do portugués para substituír formas léximicas galegas. Poden ser de tres tipos: Gráficos (governo, povo), morfolóxicas (casi, tais, receber) ou léxicos (proprio, luta, meio)

Algunahas voces consideradas tradicionalmente lusismos hoxe en día son aceptados no galego estándar, como até( xunto ata), ou o sufixo –bel, xunto a –ble(amable ou amabel) Noutros casos incorporouse a forma portuguesa para eliminar un castelanismo (vogal en lugar de vocal)

-Castelanismos. Ademais dalgúns préstamos necesarios( toritlla, bocadillo) penetraron no galego moitos outros superfluos, que desvirtuaron o noso léxico, ao substituíren formas propias por vocábulos casteláns, ou cargaren de connotacións negativas ou restrinxidas os vocábulos galegos. A influencia do castelán non se limita só ao lexico, senón que afecta tamén, aínda que en menor medida, a todos os planos da lingua.

-Castelanismos fónicos. O plano fónico é o que se viu tradicionalmente menos afectado. Porén, na actualidade a influencia do castelán neste plano comeza a cobrar importancia, sobre todo no galego usados polos neofalantes,isto é, aqueles que comezan a utilizar o galego pero proceden de familias instaladas xa plenamente no castelán.

No vocalismo, pode darse a perda da distinción entre as vogais medio abertas e medio pechadas, é dicir, a incapacidade de diferencialas. Deste xeito, confundense palabras como vén/ven, bóla de bola, que teñen diferente significado segundo se pronuncien coa vogal aberta ou pechada.

A consoante nasal velar é caracteristica do galego, pode pronunciarse como alveolar por influencia do castelan: una en lugar d unha. Tamen se pode dar o caso de pronunciar como velar todo n final de palabra ante palabra comezada por vogal, sen considerar que o n final galego é alveolar nalgúns contextos: nas palabras ben, nin , non, quen, se, tamén, e nas formas verbais seguidas de pronomes o, a os, as ( non o sei)

O son fricativo palatal xordo despalatalizase e realízase como alveolar: toso en lugar de toxo.

-Castelanismos ortográficos e de acentuación. Os castelanismos ortográficos rexistran unha escrita que reproduce a castelá (boda abogado armonia). Noutros casos o castelanismo refírese ao acento atmósfera, parásito.

-Castelanismos morfosintácticos. Algúns fenómenos morfosintácticos debidos a influencia do castelán no galego son: a alteración do xénero gramatical de substantivos, equiparándoos ao xénero do castelán: a mel, a leite, o calor. A alteración de formas da conxugación verbal cando no hai equivalencia das irregularidades nunha e noutra lingua: conduxo,andivera, parezco. O uso da preposición a ante infinitivo e complemento directo: vou a facer. A estes fenómenos que afectan o galego popular, xeneralizados en maior ou menor medida nos galegofalantes habituais, habería que engadir outros que se producen nos neofalantes ou nos bilingües instalados en castelán cando usan o galego:  Erros na colocación dos pronomes átonos: che digo unha cousa. A elisión do artigo definido diante do adxetivo posesivo: súa camisa. O uso de formas plurais dos demostrativos masculinos en –os: estos días. A ausencia da inflexión de xénero dous /dúas: trinta e dous páxinas. A confusión das formas pronominais correspondentes a obxeto directo e indirecto (te/che): roubáronte o coche. O emprego de pronomes reflexivos en casos como: casouse pola igrexa. O uso de formas verbais compostas co auxiliar haber (*había cantado en lugar de cantara) ou co auxiliar ter ( teño chegado a unha conclusión en vez de cheguei a unha conclusión)

-Castelanismos léxicos. Na introdución de castelanismos léxicos no galego tiveron un papel fundamental a Igrexa, a Administración e o ensino, que provocaron que formas como: dios, iglesia penetrasen desde os Séculos escuros. Noutras ocasións a entrada do castelanismo léxico débese a ruptura co mundo tradicional, coa chegada de obxectos máis modernos con nome castelán ( escoba) moitos castelanismos adaptáronse á fonética galega, dando orixe a formas híbridas (lexos)  polo contrario , non adoita haber adaptación fonética nos termos técnicos ( geología) ou relixiosos ( Virgen). A penetración dos castelanismos chegou ata o punto de que en moitos casos os falantes instalados no galego popular non recoñecen como galegas palabras tradicionais ( estuche) en tanto que consideran plenamente galegos os termos casteláns que as substituíron.

 Na interferencia léxica do castelán podemos distinguir varios graos.

O primeiro grao de interferencia prodúcese cando existen no galego dous termos total ou parcialmente sinónimos, e tende a darse preferencia no uso ao termo coincidente co castelán.  Exemplos : Lágrimas / bágoa, esperar/ agardar.

Noutras ocasións, a forma galega, aínda se mantén, cai restrinxindo o seu significado a uns ámbitos de uso moi específicos, mentes o correspondente castelanismo é o empregado co significado amplo:  vasoira adoita usarse para referirse só as rústicas, e pasa a empregarse o castelanismo escoba para o resto. Billa acaba limitándose ás dos pipotes, porque se introduce o castelanismo Grifo.

Nestes casos normalmente o termo galego asóciase con matices rústicos, tradicionais. Tamén pode especializarse o termo galego para os animais (ril) mentes que o castelán se emprega para as persoas (riñón)

Por último, o terceiro grao de castelanismo ten lugar cando se dá unha substitución total da forma tradicional galega pola súa correspondente  castelá: dios, señal, rodilla, jueves.

-Castelanismos semánticos. Prodúcense cando a unha forma castelá lle corresponden dous termos en galego e estes non se utilizan adecuadamente. Por exemplo, a palabra castelá sueño equivale a dúas palabras en galego: sono de ganas de durmir e soño que é o que imaxinamos mentres durmimos. Entre os neofalantes, que na maioría dos casos aprenden o galego na escola, son máis frecuentes os castelanismos fónicos e morfosintácticos, mentres que os galegofalantes tradicionais incorren máis no léxico. De aí que nalgúns casos as formas castelás, como carretera, se consideren “mais auténticas” que estrada. Isto provoca que os neofalantes intenten, equivocadamente, autentificar a súa lingua recorrendo de xeito consciente ao uso destoutros castelanismos. Debemos evitar tamén este tipo de interferencias e, de feito, un dos obxectivos do proceso de normalización e normativización consiste en eliminar os elementos alleos á lingua.

Entradas relacionadas: