Táctica e estratexia no fútbol sala
Clasificado en Deporte y Educación Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,1 KB
Saques
Son accións que se desenvolven nunhas circunstancias predeterminadas de antemán, podendo anticipalas e preparar o seu desenvolvemento:
Saque de banda
Cando o balón sae pola liña de banda debe poñerse en xogo cun saque co pé desde a liña de banda.
Saque de portería
Cando o balón sae pola liña de fondo debe poñerse en xogo cun saque desde dentro da área de meta.
Saque de esquina ou “corner”
Cando o balón sae pola liña de fondo e debe sacar o equipo que ataca, realízase un lanzamento desde o vértice formado pola liña de banda e a de fondo, ou tamén chamado “corner”.
Saque de falta
Cando se sanciona unha falta, o equipo beneficiado debe realizar un lanzamento a portería (libre directo) ou un pase (libre indirecto) coa oposición dunha barreira de xogadores adversarios situados a 9 metros.
Porteiro
As accións do porteiro resúmense en tres grupos:
Saídas
O porteiro sae da área de portería para despexar ou desviar o balón ante un pase en profundidade; ou ben para enfrontarse a un adversario que avanza só cara a portería.
Paradas
Cando o porteiro colle o balón coas mans sen que se lle escape, normalmente ante un lanzamento frouxo ou un pase a outro compañeiro.
Despexes
Cando o porteiro non é capaz de coller o balón e golpéao para desvialo, normalmente ante un corner ou un lanzamento difícil.
Táctica e estratexia
Fútbol sala
Demarcacións
Porteiro: encargado de vixiar a portería e deter os lanzamentos que realice o equipo adversario.
Defensas: xogadores próximos á portería e encargados de neutralizar as accións dos dianteiros adversarios.
Centrocampistas: xogadores que se moven no centro do campo, realizando funcións defensivas cando non teñen o balón e función atacantes en caso contrario.
Pivote: xogador mais adiantado, destaca pola súa facilidade.