Teoría Criminolóxica: Causas do Delito e Papel da Teoría

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,68 KB

Como consecuencia necesaria o nos encontraremos ante un delincuente, simplemente é máis probable que ocorra.


-Causación contra fáctica o por contra-hechos.
  • O concepto de causa que estudamos anteriormente é o habitual en Criminoloxía, pero existen outras concepcións, como a causación contrafáctica ou por contra-hechos.
  • Esquema da causación contrafáctica: B era necesaria nas circunstancias para A, polo que se B non ocorrese A tampouco o faría, o cal constitúe un contrahecho.
  • As teorías da oportunidade axústanse a esta versión contrafáctica da causalidade: é sinxelo pensar que un delito en particular non tería tido lugar se non existise a oportunidade para o mesmo. Segundo as teorías contrafácticas as oportunidades parecen constituír causas para os delitos.
4. TEORÍA CRIMINOLÓXICA
- A teoría criminolóxica intenta explicar as causas do delito.
  • Intentan responder a preguntas do tipo:

-->¿Por que delinquen?

-->¿Por que algunhas persoas delinquen máis ca outras?
-->¿Por que existe unha determinada taxa de delitos nunha sociedade?
-->¿Por que esta varía?
--> ¿Por que respondemos ao delito con firmeza ou con benevolencia?
--> Etc.
  • Non é a única función relevante da Criminoloxía e da teoría, pero si a máis importante. Por iso, a (mera) evocación dunha causa non pode confundirse cunha explicación causal ou científica. Por exemplo, en materia de firmeza fronte ao delito, ou punitividade a nivel individual propuxéronse diversas causas como o racismo, o conservadorismo ou a inseguridade; pero evocar unha destas causas non responde á pregunta de ¿Por que as persoas que teñen sentimentos de inseguridade máis altos (ou son racistas ou conservadoras) son máis firmes?
-Papel da teoría en Criminoloxía:
  • Como explicamos ao comezo do tema, existen posturas antiteóricas ou ateóricas que non consideran imprescindible a teoría na Criminoloxía. Estas posturas baséanse nos seguintes aspectos:
→ Estes enfoques, sen dúbida, resultaron e resultan moi proveitosos para a Criminoloxía en canto a que propuxeron programas de prevención do delito que poden resultar prometedores e confirmaron de maneira válida e fiable determinados correlatos e factores de risco da criminalidade. Por este motivo non cabe dúbida da legitimidade e utilidade dos mesmos.
→ Para determinadas tarefas, como predicións relativamente sinxelas e a curto prazo tampouco é precisa a teoría.
→ O estudo empírico do delito está aberto a distintas posibilidades sempre que sexan metodoloxicamente asumíbeis. Estas opcións serán, por xeral, compatibles entre si.
→ A relación entre a teoría e a investigación, aínda que sexa íntima, é complexa.
  • Decantámonos pola postura de que a teoría é imprescindible en Criminoloxía, que o é por estes motivos:
→ A teoría debe guiar a investigación. Canto máis detallada e precisa sexa a teoría, mellor será a investigación e máis factible alcanzar avances significativos. De acordo co principio de refutación, este é un método moi prometedor para que avance o noso coñecemento do delito e da criminalidade.
→ As teorías permiten explicar o delito. A curiosidade intelectual por preguntas do tipo ¿por que delinquen? Ou ¿por que existe unha determinada taxa de delito nunha sociedade? Só pode satisfacerse a través de teorías, non mediante catálogos, por exemplo, de factores de risco ou protectores.
→ As teorías deben servir de guía ás medidas de prevención e control do delito.
En decisións político-criminais inflúen non só aspectos empíricos senón tamén
e teóricos sobre a prevención e o control do delito, senón tamén, e sobre todo,
aspectos éticos , xurídicos, constitucionais e políticos, económicos, etc. Agora ben,
unha boa política criminal debería estar baseada en teoría e en feitos.
→ A teoría permite a defensa contra posturas intolerantes e falsas, pero que
poden vir revestidas tamén dun armazón teórico.
→ A teoría permite ordenar e seleccionar os factores relevantes para explicar o
delito. Isto é necesario posto que unha condición concreta non pode ser unha causa
do delito, o único medio de conseguir unha explicación causal do comportamento
criminal é abstraer das distintas condicións concretas cousas que se atopen
universalmente asociadas co delito.
→ A teoría permite separar relacións recíprocas complexas entre distintas
variables. Por exemplo, a investigación criminolóxica constitúe que o matrimonio é un cambio decisivo na vida dun delincuente, á hora de que este termine a súa carrera delictiva; para alguns autores isto débese a que o control social informal aumenta; para outros é debido a que o delincuente diminúe os contactos anteriores e prodúcese un distanciamento nas carreiras criminais; como é difícil separar experimentalmente estes factores porque sempre se atopen íntimamente unidos, recórrese á teoría para decidir cal é a verdadeira causa do desistimento (a teoría do aprendizaxe ou do control social).


TEMA 2. MÉTODOS TEÓRICOS


1. NIVEIS DE ANÁLISE OU EXPLICACIÓN.
-Teorías micro-individuais
  • Fan referencia a elementos relativos do autor

Entradas relacionadas: