Vanguardias Literarias: Argentina, Boedo e Europa

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,15 KB

Vanguardia Argentina

Florida:

  • Le daban maior importancia ao estético

  • Predominaba a poesía

  • Relación con o ultraísmo

  • Comunicación de estados de ánimo e sensacións

  • Ruptura de esquemas poéticos fixos, renovación dos recursos poéticos

  • Uso de termos cotiás

  • Ex: Jorge Luis Borges


Boedo:

  • Le daban maior importancia ao político

  • Predominaba a prosa narrativa e o ensaio

  • Relación co realismo

  • Comunicación de feitos do contexto social

  • Estreita relación entre a arte e a realidade

  • Escritura como instrumento revolucionario

  • Estética conservadora e naturalista

  • Opoñense á literatura romántica e sen contexto social


Vanguardia Europea:

El futurismo: crea unha estética que mira cara ao futuro e converte en aspectos esenciais da súa produción os avances tecnolóxicos, as máquinas, as multitudes urbanas, a velocidade como fonte de beleza, a violencia, o dinamismo. Neste afán de movemento, de velocidade, a sintaxe e a puntuación son destruídas e o uso de “as palabras en liberdade” convértese nunha constante

El dadaísmo: maniféstase como un movemento anárquico, confuso, ferozmente burlón, oposto ás convencións e fóra de toda lóxica. Na escritura preséntase unha linguaxe incoherente

El surrealismo: o que pensa o escritor, subconsciente

El cubismo: o gusto polo intelectual, a busca de imaxes visuais (exemplo os caligramas), a ausencia dunha perspectiva central única e a existencia de varios puntos de vista que permitan presentar unha visión máis completa da realidade

El creacionismo: pretende que o poeta sexa un creador absoluto e non un imitador da realidade.

O seu principal logro é o de liberar á poesía dos anos xx do modernismo simbolista









Características da escola vanguardista

Feísmo: xerar unha reacción desagradable no lector

Ausencia de figuración: non interesa nada externo ás palabras, o importante é crear, dentro da obra de arte, un mundo autosuficiente

Disposición gráfica novedosa: as palabras non se ubican no papel dunha maneira canónica

Ausencia do aspecto musical tradicional: na poesía vanguardista o aspecto non está dado nin por unha rima nin por unha cantidade de sílabas fixas. Téndese á disonancia

Transgresións gramaticais: créanse palabras novas, a sintaxe non se respecta, non se usan conectores

Transgresións notacionais: intencionalmente xóga-se coa ortografía, non se usan maiúsculas nin puntuación nin signos

Temas variados: os temas dos poemas apartan-se dos tradicionais (amor, a morte, a beleza) para tratar cuestións relacionadas co feo, o desagradable e incluso o asqueroso

Enumeración caótica: xera desconcerto no lector


Recurso do conto humorístico

  • Ironía: dase a entender o contrario do que se di

  • Hipérbole: exageración desmedida de situacións, vicios, costumes, bondades e defectos sociais. Tómase unha situación real e exáxerase ata que se converte ridícula

  • Sátira: é un xénero que ridiculiza a unha persoa ou que busca burlarse de determinadas situacións. Deixa ben claro o seu rexeitamento ao que se representa e o seu obxectivo en corrixir eses vicios que sinala

  • Parodia: imitación burlesca que caricaturiza a un personaxe, unha obra de arte ou unha certa temática. Xeralmente é unha recreación humorística dunha obra xa existente ou de calquera situación cotiá

Entradas relacionadas: